Glicerol

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Glicerol
Remove ads

O propanotriol, glicerol ou glicerina (C3H8O3) é un alcohol con tres grupos hidroxilo (OH), polo que podemos representar a molécula como

Fórmula desenrolada
Fórmula desenrolada
Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...

ou, na súa forma semidesenrolada como, Fórmula semidesenrolada.

Thumb
Glicerol (modelo 3D), mostrando os átomos e o par solitario de electrónss de cada osíxeno (en rosa)

O propanotriol é un dos principais produtos da degradación dixestiva dos lípidos no curso do ciclo de Krebs. Prodúcese tamén como un produto intermedio da fermentación alcohólica. O propanotriol, xunto cos ácidos graxos, é un dos compoñentes dos lípidos simples:

Un lípido simple está formado por unha molécula de propanotriol ao que se unen por enlaces lipídicos tres moléculas de ácidos graxos. Os ácidos graxos que forman un lípido simple ou triglicérido poden estar saturados de átomos de hidróxeno, por exemplo; cando non poden conter máis destes átomos, de modo que todos os enláces formados son simples. Normalmente asóciase un ácido graxo saturado con enfermidades circulatorias e cunha orixe animal. Os ácidos graxos que conteñen menos hidróxenos chámanse ácidos graxos insaturados e caracterízanse por presentar na súa estrutura un ou máis dobres enlaces: son de orixe vexetal.

Remove ads

Aplicacións

Dentro dos principais usos atópanse: a elaboración de cosméticos, e a elaboración de medicamentos en forma de xaropes (como excipiente). Outros usos son:

  • Como baño calefactor para temperaturas superiores aos 250 °C;
  • Lubricación de maquinarias específicas. Por exemplo, de produción de alimentos e medicamentos (por non ser tóxica), de petróleo etc.;
  • Na fabricación de explosivos, como a nitroglicerina.
  • Anticonxelante (baixo o punto de fusión da auga, polo descenso crioscópico).
  • Elaboración de resinas alquídicas.

Orixe do Glicerol Glicerol-Glicerkinasa-glicerol 3P

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads