Gran Premio da Emilia-Romaña de 2021

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gran Premio da Emilia-Romaña de 2021map
Remove ads

O Gran Premio Emilia Romagna 2021 (coñecido oficialmente como Formula 1 Pirelli Gran Premio Del Made In Italy E Dell'emilia Romagna 2021) foi unha carreira de Fórmula 1 que tivo lugar o 18 de abril de 2021 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari de Imola, Italia. Será a segunda carreira de Fórmula Un disputada no Autodromo Internazionale Enzo e Dino Ferrari desde o 2006 e a segunda carreira baixo o nome de Gran Premio da Emilia-Romaña. Será a segunda rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021.

Datos rápidos Nome na lingua orixinal, Tipo ...
Remove ads

Pneus dispoñibles

Máis información Pneus para pista seca, Pneus para chuvia ...

Antecedentes

Thumb
O circuíto fotografado desde arriba.

A carreira foi a segunda rolda do Campionato Mundial de Fórmula Un de 2021 e a segunda carreira do Gran Premio de Emilia Romaña. Era a vixésimo novena vez que Imola organizaba unha carreira de Fórmula Un, xa que antes organizara 27 edicións do Gran Premio de San Mariño e do Gran Premio de Italia de 1980.[1] A diferenza da edición de 2020 (que tivo lugar durante dous días),[2] este evento utilizou o formato tradicional de tres días.[1]

Os pilotos e os equipos foron os mesmos que a lista de inscricións da tempada sen pilotos adicionais para a carreira.[3] O provedor de pneumáticos Pirelli trouxo os C2, C3 e C4 (designados duro, medio e brando respectivamente) para usar no evento.[4]

En marzo de 2021, os organizadores anunciaron que a carreira celebraríase a porta pechada debido á pandemia da COVID-19 en Italia.[5] A zona DRS situada na recta principal sería máis longa que a edición anterior da carreira, para axudar aos adiantamentos. O punto de detección moveuse despois da curva 18 a antes da curva 17.[6]


Lewis Hamilton entrou na fin de semana como o defensor vencedor da carreira e líder do campionato, cunha vantaxe de sete puntos sobre Max Verstappen de [[Red Bull Racing] ]. Verstappen considerouse o favorito para gañar a carreira, por diante de Hamilton e o seu compañeiro de equipo, Valtteri Bottas.[7] Algúns equipos tiñan pezas novas nos seus coches para a primeira carreira europea do ano, con Ferrari e Williams empregando as súas versións dos pisos "en forma de Z" que Mercedes e Red Bull utilizaran en Bahrain.[8]

Remove ads

Clasificación

O tempo da sesión de cualificación cambiouse para evitar a coicidencia co funeral do príncipe Felipe, duque de Edimburgo, que morreu o 9 de abril, como resultado os tempos de inicio para as sesións de prácticas tamén se modificacron..[9]

Antes do comezo da clasificación gardarase un minuto de silencio como pésame polo falecemento do príncipe Felipe. [9] A clasificación debe comezar ás 14:00 hora local (UTC + 02: 00).[10]

Hamilton clasificouse na pole con Pérez na segunda.[11] Esta é a nonagésima novena pole position de Hamilton.[12] Norris fixo o terceiro mellor tempo da última sesión, pero quedou eliminado porque acortou a pista, o que significa que se clasificou sétimo. Verstappen clasificouse no terceiro posto, e os dous pilotos de Red Bull chegaron a unha décima de segundo do tempo de Hamilton. Leclerc clasificouse cuarto mentres o seu compañeiro de equipo Ferrari, Sainz, non logrou entrar na última sesión e clasificouse undécimo. Gasly e Ricciardo clasificáronse quinto e sexto. Bottas clasificouse oitavo, pero logrou a segunda sesión en pneumáticos medianos, do mesmo xeito que Hamilton e Verstappen. Ocon foi o máis lento na última sesión pero clasificouse noveno, e Stroll clasificouse décimo sen tempo. Os dous pilotos de Williams chegaron á segunda sesión, con Russell clasificado no duodécimo posto e Latifi no décimo cuarto. Vettel e Alonso clasificáronse décimo terceiro e décimo quinto. Tanto os pilotos de Alfa Romeo como Haas non lograron pasar sa primeira sesión, mentres que Tsunoda quedou no último posto porque un accidente lle impediu establecer un tempo.[11]

Clasificación da cualificación

Máis información Pos., Nº} ...
Remove ads

Carreira

A carreira comezou ás 15:00 hora local (UTC + 02:00) e disputouse durante 63 voltas.[18] Choveu antes da carreira.[19] No seu camiño á grella de saída Fernando Alonso saíu da pista e bateu contra a parede en Tosa, conseguiu chegar á grella, onde os mecánicos Alpine foron capaces de solucionar o dano.[19][20] Vettel tivo que partir do pitlane despois de que os freos se quentaran antes da carreira e recibiu unha penalización de dez segundos cando o equipo non axustou os pneumáticos do seu coche antes do prazo de cinco minutos.[21] Na volta de formación o piloto de Ferrari Charles Leclerc trompeou, pero saíu da trampa de grava e comezou a carreira.[22] Pierre Gasly comezou con pneumáticos de mollado, do mesmo xeito que Esteban Ocon.[23][24]

No inicio da carreira, Max Verstappen conseguiu adiantar ao seu compañeiro de equipo Sergio Pérez e ao polisitter Lewis Hamilton para tomar o liderado. Hamilton intentou superalo na freada e buscou adiantalo polo exterior por encima das beiravías na curva do Tamburello, o que lle danou a á dianteira.[19] No camiño á chicana Variente Alta, Nikita Mazepin non foi capaz de evitar o Williams de Nicholas Latifi, que corría polo lado dereito da Acque Minerali. O Haas de Mazepin saíu intacto, pero Latifi trompeou e foise contra a parede e finalizou a súa carreira.[25]

Saíu o coche de seguridade ao final da primeiro volta despois de que Latifi estrelárase despois do contacto con Mazepin.[26] Durante o coche de seguridade, Mick Schumacher trompeou preto da saída do pit e perdeu a súa á dianteira, mentres que Pérez, despois de caer na grava, recuperou ilegalmente a súa posición, unha acción que lle valíu unha penalización de dez segundos.[27][28]

A choiva que cesou gradualmente, Vettel foi o primeiro piloto en cambiar a pneumáticos slick, cousa que fixo na volta 22. Verstappen, líder a pouco máis dun segundo de Hamilton, entrou a boxes na volta 27 para montar slicks. Hamilton, que buscaba empregar o overcut, parecía estar cobado con cobado co seu rival cando entrou en boxes na seguinte volta, pero un pitstop relativamente lento deixouno detrás de Verstappen.

Na trixésimo primeira volta, Hamilton caeu na grava en Tosa, mentres intentaba dobrar ao Williams de George Russell.[29] Conseguiu reincorporarse á carreira, aínda que con danos na súa á dianteira causados ​​pola barreira.[30] Pouco despois, Russell estivo involucrado nun accidente co outro Mercedes de Valtteri Bottas, á entrada da rápida chicana Tamburello. Sacouse bandeira vermella porque os restos espalláronse pola pista.[31] Ambos pilotos estaban notoriamente enfurecidos tralo incidente, Russell marchou cara aos restos do Mercedes de Bottas e deulle unha palmada a Bottas no casco, mentres que Bottas facialle a figa a Russell.[29] Os dous circulaban ao redor de 320 km/h cando chocaron.[32][33][34] Os comisarios clasificaron o incidente como un incidente de carreira, ningún dos dous pilotos foi penalizado.[35]

Xusto antes do reinicio, Verstappen case trompeou en Rivazza, pero conseguiu manter o control; mantivo o liderado e afastouse o resto da carreira.[34] Detrás del, Lando Norris superou á Ferrari de Charles Leclerc polo segundo posto, mentres que Pérez e Yuki Tsunoda trompearon en Villeneuve e Tamburello respectivamente, caendo ata o 14 e 15. Hamilton, que comezou noveno despois da bandeira vermella, progresou cara a arriba pola pista, e finalmente conseguiu superar ao teimudo McLaren de Norris para acadar o segundo posto na volta 60.[29] Norris logrou o seu segundo podio co terceiro posto. Hamilton gañou o punto extra pola volta rápida, o que lle permitiu manter o liderado no campionato sobre Verstappen.

Post carreira

O día seguinte Russell expresou o seu desexo de "despexar o aire" con Bottas tras o enfrontamento.[36] Máis tarde Russell pediu perdón a Bottas e ao equipo de Williams.[37] Gran parte do coche de Bottas sufriu danos irrepararables.[38] Bottas sufriu danos nun xeonllo no accidente a 30 G.[38]

Despois da carreira, Stroll recibiu unha penalización de cinco segundos por cortar a chicana Tamburello, pasando da sétima á oitava posición.[39] Räikkönen recibiu unha penalización de trinta e dous segundos despois de incumprir as regras de reinicio, baixando do noveno lugar ao décimo terceiro.[40]

Clasificación da carreira

Máis información Pos., Nº ...
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos., Piloto ...


  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior:
Gran Premio de Bahrain de 2021
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2021
Carreira seguinte:
Gran Premio de Portugal de 2021
Carreira anterior:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2020
Gran Premio da Emilia-Romaña Carreira seguinte:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2022
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads