Sebastian Vettel

piloto de Fórmula 1 alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Sebastian Vettel
Remove ads

Sebastian Vettel, nado en Heppenheim o 3 de xullo de 1987[1], é un expiloto de Fórmula 1 alemán. Foi Campión do Mundo, catro veces en 2010, 2011, 2012, e 2013.[2] É un dos pilotos de F1 máis exitosos de todos os tempos e é considerado un grande.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Vettel comezou a súa carreira na Fórmula Un como piloto de probas para BMW Sauber en 2006, facendo unha única aparición nunha carreira en 2007. Como parte do Red Bull Junior Team, Vettel pilotou para a Scuderia Toro Rosso máis tarde ese ano e mantívose como piloto a tempo completo para 2008. Vettel ascendeu a Red Bull en 2009. Con Red Bull, Vettel gañou catro títulos consecutivos desde 2010 ata 2013, o primeiro dos cales o converteu no campión do mundo máis novo do deporte, establecendo os récords de máis vitorias consecutivas en carreiras (9) e vitorias en carreiras nunha única tempada (13).[3] En 2015 firmou pola Scuderia Ferrari para o que correru ata 2020. Fichou por Aston Martin para as tempadas 2021-2022, antes de anunciar os seus plans para retirarse da Fórmula Un a finais da tempada 2022.[4]

Remove ads

Mocidade e vida persoal

Vettel naceu en Heppenheim, entón Alemaña Occidental fillo de Norbert e Heike Vettel. Ten un irmán máis novo, Fabián, e dúas irmás máis vellas, Melanie, técnico ental, e Stefanie, fisioterapeuta para nenos incapacitados.[5] Vettel dixo nunha entrevista que el era terrible na escola, pero logrou o título de secundaria cunha nota respectable, na escola secundaria Starkenburg Gymnasium en Heppenheim.[6] Tamén mencionou que os seus heroes da infancia eran "Os tres Michaels", que eran Michael Schumacher, Michael Jordan e Michael Jackson. Dixo que quería ser un cantante como Michael Jackson, pero deuse conta de que non podía porque non tiña a voz.[7] Vettel é tamén un fan de The Beatles destacando varios discos, entre eles Abbey Road e a súa canción favorita é "Drive My Car". Nunha entrevista en Top Gear, Vettel confesouse como fan da comedia británica como Little Britain e Monty Python's Life of Brian. Vettel vive en Thurgovia, Suíza, entre outros pilotos de carreiras e é un fan do equipo de fútbol alemán Eintracht Frankfurt. Vettel describiuse a si mesmo como competitivo, privado, e impaciente. Vettel tamén aparece nos anuncios de Head & Shoulders. Na versión alemá de Cars 2, Vettel presenta unha voz en off.

Mantén unha relación con Hanna Sprater, coa que leva desde a infancia. En xaneiro de 2014, Vettel converteuse en pai da súa primeira filla.[8][9]

Remove ads

Vida deportiva

Vettel comezou no automobilismo aos sete anos, pilotando karts. En 2004, na F-BMW Alemá, venceu 18 de 20 carreiras disputadas e conquistou o título da competición. Nos anos seguintes, Vettel correu na F-3 Europea e pasou a espertar o interese de BMW, onde pasou a realizar probas.

Fórmula Un

Thumb
Vettel durante a práctica no Gran Premio do Brasil de 2006 co BMW Sauber
Thumb
Vettel na súa carreira de debut no Gran Premio dos Estados Unidos de 2007

BMW Sauber (2006–2007)

2006

Vettel converteuse no terceiro piloto de BMW Sauber no Gran Premio de Turquía de 2006, cando o ex titular Robert Kubica foi convocado para substituír a Jacques Villeneuve no Gran Premio de Hungría de 2006.

No seu debut nas probas, Vettel marcou o mellor tempo na segunda práctica libre do venres antes da carreira.[10] Nese momento, converteuse no piloto máis novo da Fórmula Un en participar na competición nun Gran Premio de fin de semana (19 anos e 53 días), tamén recibiu a súa primeira multa por superar o límite de velocidade no pitlane camiño da pista.[11]

Na súa segunda sesión de probas no Gran Premio de Italia de 2006, estableceu o tempo máis rápido nas dúas sesións de adestramentos do venres, unha fin de semana de carreiras no que todos os coches BMW foron rápidos, co seu predecesor Robert Kubica terminando no podio na carreira.

2007

Vettel foi confirmado como piloto de probas de BMW para 2007.[12] Tralo grave accidente do piloto regular de BMW Kubica no Gran Premio do Canadá de 2007 Vettel substituíuno no Gran Premio dos Estados Unidos de 2007.[13] Comezou na sétima posición da grella, terminando na oitava posición logrando o seu primeiro punto no Campionato Mundial e converteuse no piloto máis novo no momento en anotar un punto na Fórmula Un (á idade de 19 anos e 349 días), unha marca en posesión anteriormente de Jenson Button, quen tiña 20 anos e 67 días de idade cando terminou sexto no Gran Premio do Brasil de 2000.[14]

Toro Rosso (2007-2008)

Thumb
Vettel correndo para Toro Rosso no Gran Premio do Canadá de 2008.

2007

Na véspera do Gran Premio de Hungría de 2007, Vettel foi confirmado como novo piloto da Scuderia Toro Rosso, en substitución do estadounidense Scott Speed, que saíu tras varios desencontros co equipo.[15] Cobrou aproximadamente 165.000 US $ por terminar a tempada con Toro Rosso.[16] Antes da carreira, tamén se anunciou que Vettel pilotaría para Toro Rosso en 2008,[17] xunto a Sébastien Bourdais.[18]

2008

O 14 de setembro de 2008 venceu de forma sorprendente o gran Gran Premio de Italia de 2008, conquistando a primeira vitoria da carreira na categoría e tamén do equipo Toro Rosso.[19][20] Con este feito, converteuse no piloto máis novo en gañar un Gran Premio, con vinte e un anos, tres meses e oito días.[21] Logrou outra marca con só nove meses de carreira na Fórmula 1, converteuse no piloto máis novo en ser multado pola FIA por unha infracción ao pasar do límite de velocidade nos boxes mentres accedía á pista por primeira vez.

Red Bull (2009–2014)

Alzouse co campionato de Fórmula 1 de 2010, converténdose no piloto máis novo da historia en ser Campión do Mundo. Campionato que renovou en 2011, 2012 e 2013.

En 2009, Vettel pasa a correr en Red Bull, substituíndo a David Coulthard, que se retirou ao fin da tempada de Fórmula 1 de 2008.

O 19 de abril de 2009, no Gran Premio da China de 2009, conquistou a segunda vitoria na categoría e a primeira do equipo Red Bull.[22][23]

En 1 de novembro, Vettel terminou no segundo posto no campionato Mundial, sendo o piloto máis novo en conseguir tal feito, trala súa vitoria no Gran Premio de Abu Zabi de 2009, ficando só detrás do británico Jenson Button no campionato.[24][25]

En 19 de novembro de 2009, Vettel foi elixido mellor piloto do ano pola revista inglesa "Autosport", nunha votación feita cos xefes de equipo da categoría.[26][27]

O piloto alemán comezou a temporada de 2010 logrando a pole position nas dúas primeiras roldas, no entanto, por problemas no coche, acabou perdendo o liderado, inclusindo a retirada na segunda carreira. A primeira vitoria na temporada veu na terceira carreira, o Gran Premio de Malaisia de 2010, cando superou ao seu compañeiro de equipo Mark Webber, que chegou segundo. O 14 de novembro, Vettel proclamouse campión da categoría, tras vencer na última carreira da tempada, o GP de Abu Zabi.[28] Vettel converteuse no campión máis novo da historia, con 23 anos, 4 meses e 11 días. Vettel tamén se converteu no 1º piloto da historia da Fórmula 1 en ser campión sen liderar o campionato antes da última proba.

O día 24 de febreiro de 2012 o piloto recibiu do presidente da Alemaña, Horst Seehofer, a distinción "Silberne Lorbeerblat" (folla de prata), a máis alta condecoraçión concedida polo goberno alemán aos deportistas, pola conquista do bicampionato.[29]

O 25 de novembro de 2012, tornouse o máis novo tricampión mundial da Fórmula 1, chegando en sexto lugar no GP do Brasil, a última proba da tempada. Vettel logrou o campionato con tres puntos de vantaxe sobre Fernando Alonso, que quedou na segunda posición.[30]

O 27 de outubro de 2013, tornouse o máis novo tetracampión mundial da Fórmula 1, tras ser primeiro no Gran Premio da India, a falta de catro carreiras. Cunha temporada perfecta e sen erros, Vettel foi tetracampión cunha gran vantaxe en relación a Fernando Alonso, que chegou na décima primeira posición.

Thumb
Vettel en 2015 co Ferrari.

Durante a fin de semana do Gran Premio do Xapón de 2014, anunciou que deixaba o equipo ao fin da tempada de 2014 antes do termo do seu contrato, que concluiría en 2015.[31]

Ferrari (2015–2020)

Thumb
Vettel durante os test de pretempada en Cataluña debuting for Ferrari

Aston Martin (2021 - 2020)


Vitorias na Fórmula 1

  • 2008: Italia (Monza)
  • 2009: Abu Dhabi (Yas marina), China (Shangai), Gran Bretaña (Silverstone), Xapón (Suzuka)
  • 2010: Brasil (Interlagos), Malaisia (Sepang), Abu Dhabi (Yas marina), Europa (València), Xapón (Suzuka)
  • 2011: Australia (Melbourne Grand Prix Circuit), Malaisia (Sepang), Turquía (Istambul Park), España (Montmelo), Mónaco (Montecarlo), Europa (Valencia), Bélxica, Italia (Monza), Singapur (Marina Bay), Corea (Yeongam), India (Buda).
  • 2012: Bahrain, Singapur (Marina Bay), Xapón (Suzuka), Corea (Yeongam), India (Buda)
  • 2013: Malaisia, Baharain, Canadá, Alemaña, Bélxica, Italia, Singapur, Corea, Xapón, India, Abu Zabi, Estados Unidos, Brasil
  • 2015: Malaisia, Hungría e Singapur

Logros

En 2010 alzouse co campionato do mundo converténdose así no piloto máis novo en conseguir este título. En 2011 renovou o campionato e tamén se converteu no bicampión máis novo da historia, en 2012 logrou o seu terceiro campionato polo que tamén é o tricampión máis novo da historia, en 2013 logrou o cuarto campionato consecutivo.

Costumes e Supersticións

Sebastian Vettel ten o costume de poñerlle nomes de muller aos seus coches, inspirado polos pilotos estadounidenses de bombardeiros da segunda guerra mundial. Declarou: "É importante ter unha estreita relación co coche. Como un barco, un coche debería levar o nome dunha moza porque é sexy".[32] Sábese que na súa primeira temporada na Fórmula 1 púxolle o nome de Julie ao seu STR3. O RB5 do ano seguinte foi alcumado Kate, despois do accidente de Australia, tiveronlle que cambiar o chasis, este foi alcumado Kate’s Dirty Sister (irmá sucia de Kate). Para a súa última montura o RB6 escolleu o nome de Luscious Liz (Seductora Liz). Unha vez cambiado este último, o seu sucesor foi chamado Randy Mandy (Mandy a Cacheira). En 2011, o campión do mundo bautizou ao RB7 como Kinky Kylie (pervertida Kylie). Ao RB8 chamouno Abbey[33] e o RB9 recibiu o nome de Hungry Heidi.[34] O tetracampeon chamou ao RB10 "Suzie", e na súa nova aventura coa Scuderia Ferrari, chamou ao SF15-T "Eva".[35] Para a tempada 2016 Vettel e o seu mecánicos decidiron nomear o seu Ferrari SF16-H Margherita.[36] Para 2017, Vettel decidiu bautizar o seu Ferrari SF70H como "Gina",[37] Loria (2018), Lina (2019),[38] e Lucilla (2020).[39] Tamén ten como superstición pasar unha "Moeda da sorte" polos cordóns dos seus zapatos.[40]

Máis información Tempada, Coche ...
Remove ads

Rexistro de carreiras

Traxectoria profesional

Máis información Tempada, Series ...

* Tempada en progreso.

Resultados completos na Formula BMW ADAC

(Carreiras en letra grosa indican pole position, carreiras en cursiva indican a volta rápida.)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Escudería ...
Remove ads

Récords

Marcas na Fórmula 1

Sebastian Vettel ostenta diversas marcas na Fórmula 1:

Máis información Marca, Lograda ...
Predecesor:
Jenson Button
Campión da Fórmula 1
2010-2011-2012-2013
Sucesor:
Lewis Hamilton
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads