Gran Premio de Alemaña de 1982

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1982 (oficialmente o Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Hockenheimring o 8 de agosto de 1982. Foi a décimo segunda rolda da tempada de 1982. A carreira foi o 44º Gran Premio de Alemaña e o sétimo, que se celebrou en Hockenheim. A carreira levouse a cabo sobre 45 voltas ao circuíto de 6´797 quilómetros para unha distancia total de carreira de 306 quilómetros. Foi gañado por Patrick Tambay da Scuderia Ferrari.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Remove ads

Resumo da carreira

Hockenheim fora modificado desde o ano anterior, a primeira chicane fíxose máis lenta e engadiuse outra chicane para frear os coches a través da moi rápida Ostkurve. Didier Pironi marcou o mellor tempo da práctica, pero resultou ferido de gravidade nun adestramento libre posterior á cualificación para este Gran Premio e nunca volveu a correr de novo na Fórmula Un. Coa pista mollada polas persistentes choivas, Pironi estaba probando pneumáticos nunha volta rápida cando o seu Ferrari golpeou a parte traseira do Renault de Alain Prost a gran velocidade, saltando por encima da parte superior de Prost. Aínda que sobreviviu ao accidente ileso, tivo un profundo efecto en Prost que nunca esqueceu a vista do Ferrari voando sobre o seu coche, o accidente reafirmou os seus puntos de vista sobre a condución dos coches de F1 en mollado onde a visibilidade era practicamente nula detrás doutro coche.

Grazas ás longas rectas de Hockenheim, os coches turboalimentados foron abrumadoramente dominantes na cualificación. Non é só que os coches turboalimentados ocuparan as 6 primeiras posicións na grella, a maior proba do dominio foi que o turbo cualificado máis lento o de Riccardo Patrese, sexto, pilotando o Brabham-BMW foi 2´9 segundos máis rápido que o máis rápido cualificado sen turbo, Michele Alboreto sétimo cualificado, pilotando Tyrrell con motor Ford-Cosworth.

Ferrari nunca retirou ao ferido Pironi, polo que a pole position foi deixada baleira na saída. Nelson Piquet liderou a carreira, pero chocou con Eliseo Salazar mentres pasaban pola nova chicane da Ostkurve. Os dous coches detivéronse, un Piquet iracundo saíu rapidamente do seu Brabham, achegouse a Salazar, e furioso comezou a golpear e patear a Salazar, e continuou durante algún tempo logo da colisión. Patrick Tambay, conducindo o único Ferrari, gañou a súa primeira carreira na Fórmula Un.

Remove ads

Clasificación

Cualificación

Máis información Pos, Nº ...

Carreira

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1982
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1982
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1982
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1981
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1983

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads