Nigel Mansell
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Nigel Mansell Ernest James, CBE naceu en Worcestershire o 8 de agosto de 1953 é un expiloto de carreiras británico que gañou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992 e o Champ Car World Series de 1993.
De orixe humilde, Mansell estudou enxeñaría no Matthew Boulton College en Birmingham. Traballou como enxeñeiro aeroespacial en Lucas Engineering antes de abandonar a súa profesión polas carreiras de autos.
Mansell era o campión en vigor da F1 cando marchou a competir na CART, converténdose na primeira persoa en gañar o título da CART na súa primeira tempada, e sendo ata 2015 a única persoa en ocupar tanto o Campionato Mundial de pilotos e o Campionato nacional americano de monoprazas simultaneamente.
A súa carreira na Fórmula Un prolongouse por 15 tempadas, coas súas últimas dúas tempadas completas das carreiras no máxomo nivel na serie CART. Mansell é o segundo piloto británico máis exitoso de todos os tempos en térmos de carreiras gañadas con 31 vitorias, e é sétimo na lista xeral de gañadores de carreiras de Fórmula Un detrás de Michael Schumacher, Alain Prost, Lewis Hamilton, Sebastian Vettel, Ayrton Senna e Fernando Alonso.[1] Tiña a marca de maior número de poles logradas nunha soa tempada, que foi superada en 2011 por Sebastian Vettel.
Mansell correu na serie Grand Prix Masters en 2005, e gañou o título de campión. Posteriormente asinou un contrato dunha sóa carreira polo equipo Scuderia Ecosse GT para conducir o seu coche Ferrari F430 GT2 co número 63 en Silverstone o 6 de maio de 2007. Desde entón competiu en carreiras de autos deportivos cos seus fillos Leo e Greg, incluíndo as 24 Horas de Le Mans de 2010.
Remove ads
Vida persoal

Mansell vive en Jersey, Illas da Canle. Mansell viviu en Port Erin na Illa de Man durante a maior parte da súa carreira na F1 ata 1995.[2]
Xogador de golf entusiasta, Mansell revelou o desexo de competir no campionato British Open de Golf[3] e participou brevemente no Aberto de Australia de 1988.[4]
Mansell é o dono do equipo ciclista Team UK Youth.[5]
Logo da súa retirda oficial da Fórmula Un en 1995, afeitouse o seu famoso bigote. A última vez que aparecera antes sen o seu bigote foi na primeira metade da tempada de 1988. O bigote fixo a súa reaparición cando Mansell foi entrevistado pola BBC no Gran Premio do Xapón de 2014.
Remove ads
Rexistro de carreiras
Resultados completos no campionato Europeo de Fórmula 2
(key) (Carreiras en negro' indican pole position; carreiras en italica indican volta rápida)
Resultados completos no Campionato Mundial de Fórmula 1
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados no American Open-Wheel racing
CART
(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position)
Resultados completos no British Touring Car Championship
(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position, supón 1 punto) (Carreiras en itálica indican volta rápida) (* supón 1 punto)
Resultados completos no Grand Prix Masters
(key)
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
Predecesor: Ayrton Senna |
Campión da Fórmula 1 1992 |
Sucesor: Alain Prost |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads