Manfred Winkelhock

From Wikipedia, the free encyclopedia

Manfred Winkelhock
Remove ads

Manfred Winkelhock, nado en Waiblingen, Baden-Württemberg (Alemaña) o 6 de outubro de 1951 e finado en Bowmanville, Ontario, o 12 de agosto de 1985,[1] foi un piloto de carreiras alemán. Participou en 56 Grandes Premios de Fórmula 1 (con 47 saídas) entre 1980 e 1985, pilotando para Arrows, ATS, Brabham e RAM Racing, cun mellor resultado dun quinto posto no Gran Premio do Brasil de 1982. É o irmán máis vello de Joachim e Thomas Winkelhock e pai de Markus Winkelhock, que tamén son pilotos de carreiras.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Manfred Winkelhock era o irmán máis vello de Joachim Winkelhock. Comezou a competir na Fórmula 2 en 1978 e sobreviviu a un importante accidente no circuíto de Nordschleife, cando envorcou o seu March na moi pronunciada curva Flugplatz. O primeiro intento de Winkelhock de clasificarse para unha carreira do Gran Premio de Fórmula 1 foi no Gran Premio de Italia de 1980, cando substituíu en Arrows ao lesionado Jochen Mass. En 1982, pasou a ATS e cando BMW se converteu no provedor de motores do equipo, en 1983, conseguiu cualificarse en varias durante 1983 e 1984, malia que o coche era pouco fiable polo poucos bos resultados e moitos accidentes.

O seu fillo, Markus Winkelhock, tamén é piloto de carreiras.

Morte

Ao mesmo tempo era piloto habitual de sports car e touring car, gañando os 1.000 km de Monza con Marc Surer en 1985. Morreu no verán de 1985 cando, na volta 69, petou violentamente no xiro 2 no Mosport Park de Bowmanville, preto de Toronto, Ontario, Canadá, durante o Budweiser 1000 km World Endurance Championship, conducindo Porsche 962 C para o equipo Kremer Racing, de novo, con Marc Surer como copiloto.

No momento da morte de Winkelhock, era piloto do equipo de Fórmula 1 RAM Racing patrocinado por Skoal Bandit nunha tempada frustrante no que tivo como mellor resultado o posto 12 no Gran Premio de Francia de 1985 no Circuíto Paul Ricard.

Trala súa morte, foi substituído polo piloto de Irlanda do Norte Kenny Acheson, aínda que a falta de cartos fixo que o equipo se retirase antes de que rematase a tempada 1985.

Remove ads

Rexistro de carreiras

Resultados completos do Campionato de Europa de Fórmula 2

(Lenda: As carreiras en negras indican a pole position; as carreiras en cursiva indican a volta máis rápida)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos de Fórmula 1

Máis información Ano, Equipo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads