Gran Premio de Alemaña de 1985
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1985 (oficialmente o Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring o 4 de agosto de 1985. Foi a novena rolda da tempada de 1985.


Remove ads
Resumo da carreira
Este foi o primeiro Gran Premio de Alemaña que se celebrou na nova sección da pista GP-Strecke, a cal substituíu a antiga sección Südschleife que non fora utilizada desde 1970. Tamén foi a primeira vez en nove anos que o GP de Alemaña se celebrou en Nürburgring; previamente o GP de Alemaña disputábase no perigoso e moi longo tramo da pista de Nordschleife ata 1976, a carreira na que Niki Lauda tivo un accidente case fatal no seu Ferrari, o que obrigou ao circo da Fórmula Un a usar o máis seguro, máis curto e máis rápido circuíto de Hockenheimring. O GP-Strecke non sería a sede doutro Gran Premio ata que foi sede do Gran Premio de Europa de 1995, e non sería a sede de novo do Gran Premio de Alemaña ata 2009.
Michele Alboreto gañou a carreira, a súa quinta e última vitoria na F1. Este evento foi a primeira ocasión en que foi utilizada unha cámara a bordo nunha carreira, foi montada no Renault de François Hesnault. Ese coche non era elixible para puntuar no campionato, e esta carreira marcou a última vez, que un equipo de F1 participou con tres coches nunha carreira.
Como era o Gran Premio de Alemaña (e o equipo só tiña 1 coche novo construído) o xefe do equipo Tyrrell, Ken Tyrrell deu este coche o Tyrrell 014 con motor Renault a seu piloto alemán Stefan Bellof para a fin de semana no canto do piloto habitual do vehículo Martin Brundle que pilotou o 012 con motor Cosworth.
Sería o último Gran Premio de Fórmula 1 para Manfred Winkelhock. O alemán morreu pouco despois cando chocou co seu Porsche 962C deportivo nos 1000 quilómetros de Mosport no Canadá só unha semana despois do Gran Premio de Alemaña.
Remove ads
Clasificación
Cualificación
Teo Fabi logrou unha sorpresiva pole position, a primeira da súa carreira, e a única pole para Toleman Motorsport. Este tempo estableceuse durante a sesión de cualificación do venres; durante o sábado choveu e ningún dos pilotos puido mellorar os seus tempos.
Carreira
Remove ads
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1985 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1985 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 1985 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1984 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1986 |
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads