Gran Premio de Austria de 1981

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio de Austria de 1981 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 16 de agosto de 1981. Foi a 11ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1981, o 14º Gran Premio de Austria e a décima segunda que se celebrou en Österreichring. A carreira levouse a cabo sobre 54 voltas ao circuíto de 5´942 quilómetros para unha distancia total de carreira de 321 quilómetros.

Datos rápidos Nome oficial, Tipo ...
Remove ads

Informe

Cualificación

Na cualificación, do mesmo xeito que o ano anterior, a primeira fila foi de franceses, René Arnoux plantou o seu Renault turbo na pole, xunto ao seu compañeiro de equipo Alain Prost. Os seguintes foron Gilles Villeneuve no seu Ferrari turbo, Jacques Laffite no Ligier, Carlos Reutemann e Alan Jones nos Williams foron quinto e sexto, a continuación, Nelson Piquet nun Brabham e Didier Pironi no outro Ferrari turbo.

O equipo Fittipaldi non estivo presente porque non tiñan suficientes motores.[1]

Carreira

Ao comezo, Villeneuve conseguiu adiantar aos dous Renault e lideraba na chicane Hella-Licht. Na seguinte volta, Prost pasou a Villeneuve na chicane Hella-Licht, o canadense intentou resistir e terminou na grava, volvendo á pista sexto, detrás a Reutemann pasoulle o mesmo, e foi adiantado por Piquet e Jones. O piloto de Ferrari perdeu posicións nas seguintes voltas en favor do dúo de Williams e, pouco despois, adiantouno Riccardo Patrese.

No veloz circuíto de Österreichring, a vantaxe da potencia deu seus froitos. Prost e Arnoux foron capaces de distanciarse do resto dos participantes. Ao redor da volta 4, Pironi (que saíra como un raio do oitavo lugar da grella) corría terceiro, Laffite, Piquet, Jones e Reutemann marchaban detrás de Pironi, pero ningún deles puido atopar un camiño para adiantalo, correndo detrás de Pironi varias voltas. Nunha situación similar ao Gran Premio español no principio do ano, o Ferrari tiña máis potencia que calquera dos coches de detrás, pero o seu manexo era moito peor. Os cinco pilotos loitaban, Piquet, Laffite, Jones e Reutemann trataban desesperadamente de adiantar a Pironi, pero non o lograban pola potencia do Ferrari que distanciábase nas rectas e dificultados polo trazado de Österreichring composto case enteiramente de curvas e rectas longas.

Villeneuve estrelouse con forza na Bosch-Kurve na volta 12, e finalmente Laffite, que adiantara a Piquet, logrou pasar Pironi na primeira das curvas de Texaco, e pronto seguírono os outros tres pilotos. Prost retirouse do liderado coa suspensión danada, Laffite foi a por Arnoux, ao que pasou na segunda das dúas curvas Texaco. Laffite mantivo a vantaxe ata o final e cruzou a liña de meta, seguido de Arnoux, Piquet, Jones, Reutemann (que cruzou a liña de meta co motor apagado) e John Watson co McLaren de fibra de carbono.

Remove ads

Clasificación

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1981
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1981
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Países Baixos de 1981
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1980
Gran Premio de Austria Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1982

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads