Gran Premio de Singapur

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gran Premio de Singapur
Remove ads

O Gran Premio de Singapur é unha carreira de coches, do actual calendario do Campionato do Mundo da FIA de Fórmula Un. Actualmente dispútase en Marina Bay en Singapur. Tras a resurrección da carreira en 2008, a primeira carreira foi tamén a primeira carreira nocturna, foi gañada polo piloto español Fernando Alonso do equipo Renault F1.

Máis información Plano do Circuíto, Datos ...

A terceira carreira nocturna de Singapur celebrouse en setembro de 2010, xunto cun programa completo de entretemento de 10 días. Coñecido como o Gran Premio de Singapur de 2010, a carreira inclúe festas, eventos temáticos de carreiras, concertos musicais, exposicións e experiencias gastronómicas e de compras.

Remove ads

Historia

Orixes

Organizada por primeira vez en 1961, a carreira foi inicialmente coñecida como o Orient Year Grand Prix (Gran premio anual de oriente). Ao ano seguinte, a carreira recibiu o nome de Gran Premio de Malaisia. Logo de que Singapur alcanzara a súa independencia en 1965, a carreira no circuíto Thomson Road foi renomeado como o Gran Premio de Singapur. A carreira suspendeuse a partir de 1973 por varias razóns, o aumento do tráfico, as molestias de ter que pechar as estradas para a carreira e os accidentes mortais durante as carreiras de 1972 e 1973, o aumento dos prezos do petróleo.

Fórmula Un

Singapore GP Pte Ltd, Turismo de Singapur e Bernie Ecclestone asinaron un acordo para un contrato de cinco anos. En novembro de 2007 anunciouse que a empresa de telecomunicacións Singapore Telecommunications (SingTel) patrocinará a carreira. O nome oficial da carreira será a Formula 1 SingTel Singapore Grand Prix. A carreira foi co-financiada polo Goberno de Singapur , 60% do total da factura, ou 90 millóns de $ SGD, dun total de 150 millóns de $ SGD.

Ao redor de 110.000 entradas foron postas a venda para a primeira carreira de Fórmula Un do país.

A primeira carreira celebrada no novo Circuíto urbano de Singapur foi a décimo quinta carreira do Campionato do mundo de 2008 da FIA, e tamén foi a primeira carreira nocturna da historia da Fórmula Un . O horario nocturno significaba que podía ser transmitida en directo a unha hora conveniente para a audiencia televisiva de Europa. A pista iluminabase por unha serie de proxectores que adaptaban a súa produción para que coincida coa carreira. A carreira foi gañada por Fernando Alonso do equipo Renault, con todo, o resultado foi empañado polo accidente de Renault.

Para a carreira de 2009, o circuíto foi lixeiramente redeseñado, incluíndo as modificacións dás curvas 1, 2 e 3 para axudar aos adiantamentos, e tamén na curva 10 onde os bordos altos causaron moitos accidentes en 2008.

Remove ads

Gañadores

Por tempada

As carreiras, que non formaban parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un indícanse cun fondo de cor rosa.

Máis información Ano, Piloto ...

Gañadores múltiples (pilotos)

  • Pilotos que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
  • Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Máis información Nº de vitorias, Piloto ...

Gañadores múltiples (construtores)

  • Escudarías que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
  • Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Máis información Nº de vitorias, Construtor ...
Remove ads

Sponsors

  • 2008-2013: SingTel Singapore Grand Prix'
  • 2014–presente: Singapore Airlines Singapore Grand Prix

Galería

Véxase tamén

Notas e referencias

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads