Gran Premio de Suráfrica de 1982

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gran Premio de Suráfrica de 1982map
Remove ads

O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1982, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 23 de xaneiro de 1982. Foi a primeira rolda da tempada de Fórmula Un de 1982. Foi o 28º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo quinto que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 77 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 316 quilómetros.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...

No preludio da carreira a Asociación de Pilotos de Grand Prix, dirixida por Niki Lauda e Didier Pironi, declarouse en folga en protesta polas condicións da nova "superlicenza" imposta pola FISA. A licenza ía ser concedida ao equipo, e non ao piloto. Ademais cada piloto debía permanecer por un tempo determinado co seu equipo e non se lle permitía ningunha outra actividade dentro do automobilismo que non fose a Fórmula 1, nin liberdade de movemento en canto aos seus contratos; pero o que exasperou os ánimos de todos, foi a cláusula de que non se podía opinar nos medios en contra da FISA baixo ningún concepto para non danar a imaxe da categoría. Finalmente chegouse a un acordo e a carreira seguiu adiante.

Coches turboalimentados lograron as primeiras seis posición da grella. Malia que Alain Prost sufriu unha picada nun pneumático mentres pilotaba, foi capaz de recuperarse para gañar a carreira.

Remove ads

Clasificación

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior:
Gran Premio Caesars Palace de 1981
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1982
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1982
Carreira anterior:
Gran Premio de Suráfrica de 1981
Gran Premio de Suráfrica Carreira seguinte:
Gran Premio de Suráfrica de 1983
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads