Gran Premio do Reino Unido de 1973

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio do Reino Unido de 1973 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 14 de xullo de 1973 no circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra. Foi a novena carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1973.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Remove ads

Informe da carreira

A carreira é coñecida polo choque en cadea na primeira volta que finalmente causou a retirada de once vehículos. O accidente ocorreu cando Jody Scheckter que ía cuarto trompeou no centro da pista na saída de Woodcote (a última curva) ao final da primeira volta, facendo que moitos outros coches chocaran e estreláranse. A carreira detívose ao final da segunda volta, polo choque en cadea, e reiniciouse na distancia inicial. Andrea de Adamich retirouse do deporte logo desta carreira debido ás lesións recibidas no accidente. Nove automóbiles foron eliminados no choque en cadea (incluíndo os tres coches de fabrica de Surtees), 18 vehículos comezaron no reinicio dos 29 coches que comezaron (David Purley e Graham McRae tamén quedaron fóra da carreira na primeira volta en incidentes separados).

Na primeira volta, unha rápida saída de Jackie Stewart levouno do cuarto ao primeiro lugar en menos de media volta. Na curva Becketts (que era a terceira das oito curvas do circuíto orixinal de Silverstone) Stewart apurou a freada e pasou ao líder da carreira Ronnie Peterson tomando a dianteira. Desafortunadamente para Stewart, o gran choque en cadea ao final da primeira volta provocou que a carreira fora reiniciada e tivo que empezar de novo cuarto. Esta vez foi Niki Lauda quen tivo un excelente comezo e colocouse segundo detrás de Peterson, con Stewart terceiro. Stewart pasou a Lauda na segunda volta, e logo atacou a Peterson. Na sexta volta, Stewart intentou de novo pasar a Peterson para ser líder, pero o piloto sueco pechou a porta, Stewart perdeu o control do seu Tyrrell e trompeou no espeso céspede. Malia que foi capaz de continuar, Stewart rexistrou o seu peor resultado da tempada: o 10º lugar dos 13 finalistas.

Outra notable pilotaxe fíxoa James Hunt no seu Hesketh Racing March, que correu na maior parte da carreira en cuarta posición e tomou parte na batalla a 4 bandas polo liderado entre el, Peterson, Denny Hulme e Peter Revson. O piloto americano Revson gañou o seu primeiro Gran Premio con 2´8 segundos sobre Peterson, e ía a gañar de novo en Mosport no Canadá. Só 8 meses despois da súa primeira vitoria na F1 en Silverstone, morrería nun accidente nas probas previas en Kyalami en Suráfrica pilotando un Shadow.

Remove ads

Clasificación

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1973
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1973
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Países Baixos de 1973
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1972
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1974

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads