Guarionex
cacique taíno From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Guarionex (do iñeri: "o noso umbilical", que provén de W(a)-, o noso; áriona, embigo’)[1] finado o 11 de xullo de 1502, foi un cacique taíno e xefe do cacicado de Maguá, na illa da Española, na época do descubrimento de América. Dise que o seu nome significa "señor valente e nobre" en lingua taína.[2]
Remove ads
Traxectoria
Dende 1494, os invasores españois capitaneados por Cristovo Colón impuxeran grandes tributos á poboación indíxena da Española. Segundo o cronista Pedro Mártir, para conseguir o favor de Colón, Guarionex concedera a man dunha irmá súa a un indíxena cubano que servía ao almirante e que fora bautizado como Diego.[3] Daquela, os españois construíran un forte, chamado da Concepción, a moi pouca distancia do poboado de Guarionex.[4]
En 1495, os taínos dirixidos polo cacique Caonabo levantáronse en armas. Guarionex uniuse á revolta, mais foron esmagados polas tropas invasoras na batalla de la Vega Real. Logo desta derrota, Guarionex seguiu unha política de pacificación cara aos españois, mais en 1497 a situación deteriorárase a tal punto que Guarionex tivo que ceder ante aqueles que pedían unha nova sublevación, e foi nomeado o seu líder. O cacique fixo tratos con Francisco Roldán, que se sublevara contra os Colón, e dispúxose a atacar aos españois. Porén, o adiantado Bartolomeu Colón xuntou uns 400 homes e atacou por sorpresa o poboado de Guarionex, logrando capturalos. Outros destacamentos de españois capturaron outros xefes da revolta nos seus poboados respectivos. Este golpe de man puxo fin definitivamente á rebelión armada. Pouco despois, unha gran multitude de taínos manifestouse pacificamente ante o poboado español para pedir a liberación dos seus xefes. Bartolomeu Colón executou dous deles e liberou os demais, incluíndo a Guarionex, que volveu á súa política de submisión.[5]
Ao cabo duns anos, Guarionex perdeu o mando entre os seus e fuxiu coa súa familia ao norte da illa, onde foi acollido polos ciguayos. Segundo Pedro Mártir, dende alí Guarionex púxose a fustrigar os españois dos arredores, aínda que Bartolomé de las Casas di que foi unha mera suposición dos españois que a desaparición de Guarionex significase que se revelara de novo.[6]

Nalgún momento, Guarionex viaxou a Porto Rico e foi cacique de Otoa (actual Utuado, Porto Rico).[7]
Cristovo Colón enviou o seu irmán Bartolomeu a capturar a Guarionex á fronte dun continxente de varios milleiros de taínos aliados, e mais uns poucos soldados españois. O adiantado chegou, logo de varias batallas, até o poboado do xefe ciguayo, Mayobanex, e ofreceulle retirarse en troques de que lle entregasen a Guarionex; Mayobanex negouse e a loita continuou. Finalmente, tanto Mayobanex como Guarionex foron capturados polos españois.[8]
Parece ser que Guarionex foi embarcado encadeado con dirección a España en 1502 mais a nave que o transportaba afundiu durante a travesía por mor dunha tormenta e Guarionex morreu afogado.[9]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads