Gurdial Singh

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Gurdial Singh Rahi (panxabí: ਗੁਰਦਿਆਲ ਸਿੰਘ), nado en Bhaini Fateh o 10 de xaneiro de 1933 e finado en Bathinda o 16 de agosto de 2016, foi un escritor en panxabí da India.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Primeiros anos

Naceu nunha pequena localidade preto de Jaitu no Panxab británico. Seu pai Jagat Singh, era carpinteiro e súa nai, Nihal Kaur, ama de casa.[1] Gudial empezou traballar como carpinteiro aos 12 anos para axudar á súa familia .[1] Seguiu a estudar mentres traballaba, e cando tiña 14 anos casou con Balwant Kaur. En 1962 era mestre de escola en Nandpur Kotra mentres estudaba inglés e historia na universidade.[1]

Literatura

En 1957[1] publicou o seu primeiro relato, "Bhaganwale" na revista Panj Darya, e seguiron outros que publicou en Preetlari. A súa primeira novela, Marhi Da Deeva, editada en 1964 consagrouno como un autor recoñecido tanto pola crítica como polo público[2], converténdose nun dos principais novelistas en panxabí con títulos como Anhoe (1966), Addh Chanani Raat (1972), Anhe Ghore Da Daan (1976) e Parsa (1991). Tamén publicou coleccións de relatos: Saggi Phull (1962), Kutta Te Aadmi (1971), Begana Pind (1985) e Kareer Di Dhingri (1991) e as autobiografías Neean Mattiyan (1999) e Dojee Dehi (2000) publicada en dúas partes. Moita da súa obra trata dos marxinados no Panxab rural cun uso intenso do dialecto malwai.[3] Escribiu tamén relatos para nenos e algunhas das súas novelas leváronse ao cine.[4] Gañou algúns dos premios literarios máis prestixiosos da India como o Sahitya Akademi (1975), Padma Shri (1998) e o Jnanpith (2000).[5]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads