Lingua panxabí
lingua indoaria From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O panxabí,[2] tamén coñecido como punjabi[3] (nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranias falada na India (rexión do Panxab) e en Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2009.) |
Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanágari ou o alfabeto árabe na súa variante persa.
Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos. O panjabiano é unha lingua con acento de altura, á maneira do sánscrito outrora, e funciona con tres entoacións. É unha das poucas linguas indoarias modernas dese tipo.
Remove ads
Na India, o panxabí é unha das 22 linguas con estatuto oficial da India. É a primeira lingua oficial do Panxab e do Estado do Territorio da Unión (Union Territory State) Chandigar (Chandigarh)) e a segunda lingua oficial de Hariana (Haryana), Estado de Himachal (mal chamado Himachal Pradesh, xa que pradesh quere dicir estado, país) e Delhi. En Paquistán, o panxabí é a lingua provincial do Panxab, a principal provincia paquistaní.
Entre os escritores modernos en lingua panxabí de nacionalidade paquistaní, destacan:
- Shareef Kunjahi
- Mir Tanha Yousafi
- Sanawar Chadhar
- Alam Lohar
- Abid Tamimi
- Anwar Masood
- Aatish
- Shaista Nuzhat
- Raja Muhammed Ahmed
Algúns coñecidos poetas modernos do Panxab indio son:
- Prof. Mohan Singh
- Amrita Pritam
- Balwant Gargi
- Shiv Kumar Batalvi
- Surjit Paatar
Remove ads
Fonoloxía
A lingua panxabí tamén conta con vogais nasalizadas.
Remove ads
Morfoloxía
Substantivos
O panxabí distingue dous xéneros, dous números, e cinco casos que son o directo, oblicuo, vocativo, ablativo e locativo/instrumental. Os dous últimos casos son basicamente vestixios na lingua actual: o ablativo só aparece no singular, en variación libre co caso oblicuo máis ablativo posposición, e o locativo/instrumental déixase só para expresións adverbiais. É posible facer unha subdivisión entre os substantivos, dividíndoos entre subclases declinables extensibles e inextensibles, cuxo remate característico é para os masculinos en -ā átono e para os femininos -ī.
Adxectivos
Os adxectivos divídense en categorías declinables e indeclinables. As declinables márcanse na súa terminación, para o xénero, número e caso do substantivo que define. En comparación, o número de terminacións dos adxectivos declinables é similar a dos substantivos aínda que máis simplificado
Os adxectivos indeclinables son totalmente invariables e poden rematar tanto en consoantes coma vogais (incluíndo ā e ī ). Dir. masc. sing. (-ā) é a forma que aparece nos dicionarios.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads