Gwynedd

condado de Gales From Wikipedia, the free encyclopedia

Gwyneddmap
Remove ads

Gwynedd é un condado de Gales creado en 1974 pola Local Government Act de 1972. A súa capital é Caernarfon. É o fogar da Universidade de Bangor.

Datos rápidos Lema, Localización ...
Remove ads

Xeografía

Ten unha extensión de 2.548 km². Abarca o territorio dos antigos condados de Carnavon, Anglesey, Merioneth, o distrito rural de Edeyrnion e algunhas parroquias de Denbigh: Llanrwst, Llanstaffraid Glan Conwy, Eglwysbach, Llanddoged e Tir Ifan.

Thumb
Campos de Gwynedd

Demografía

Ten unha poboación de 118.110 habitantes segundo o censo de 2004 (densidade 46 h/km²).

Política

O partido máis votado da comarca é Plaid Cymru.

Lingua

Segundo as cifras de 2001, o número de falantes de galés no concello era de 78.773 (67,3%).

Historia

Véxase Reino de Gwynedd

Atraccións turísticas

Puntos de interese turístico destacado son Portmeirion, as covas de lousa de Llechwedd e os castelos de Caernarfon, Penrhyn e Harlech.[1] A casa natal de T. E. Lawrence, que inspirou Lawrence de Arabia, atópase en Gwynedd, e aínda que é propiedade privada recibe continuas visitas. O bar do albergue está decorado con camelos e motivos referentes a el.[2] O bardo Hedd Wyn, tamén naceu nunha aldea de Gwynedd. A súa casa natal recibiu un premio británico pola súa conservación. Recibe visitantes e construíuse un centro de exposicións para remarcar o impacto da guerra na comunidade.[3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads