Halothiobacillus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Halothiobacillus é un xénero de Gammaproteobacteria. Comprende dúas especies aerobias obrigadas que necesitan oxíxeno para vivir. Son tamén halotolerantes e viven en ambientes con altas concentracións de sal ou outros solutos, pero non os precisan para crecer.
A especie tipo deste xénero, Halothiobacillus neapolitanus, era antes clasificada dentro do xénero Thiobacillus, pero foi reclasificada en 2000.[1] Outras dúas especies que antes tamén estaban en Thiobacillus foron reclasificadas inicialmente como Halothiobacillus halophilus e Halothiobacillus hydrothermalis; porén, ambas as dúas eran halófilos obrigados en lugar de ser halotolerantes e presentaban unha comparativamente baixa identidade no xene de ARNr 16S con Halothiobacillus neapolitanus, o que fixo que fosen de novo reclasificadas no xénero de nova designación Guyparkeria en 2017, cos nomes Guyparkeria halophila e Guyparkeria hydrothermalis.[2]
Remove ads
Importacia ambiental
Halothiobacillus é un xénero de bacterias, cuxas especies, xunto con outros organismos quimiolitoautótrofos, xogan un importante papel nos ciclos do carbono e do xofre globais. Teñen a capacidade de vivir dependendo só de fontes de compostos inorgánicos (CO2 e xofre reducido) para cubrir as súas necesidades de carbono e enerxía, pero poden asimilar algúns intermediarios do ciclo de Krebs durante o seu crecemento autótrofo.[2]
Remove ads
Especies
- Halothiobacillus kellyi
- Halothiobacillus neapolitanus (basónimo: Thiobacillus neapolitanus[1]), cuxa cepa tipo é a ParkerXT, illada dos sumidoiros de Melbourne, Australia por Cecil David 'Guy' Parker na década de 1940; esta cepa é agora un organismo modelo común para investigar a autotrofia, especialmente no estudo dos carboxisomas e o seu papel na concentración de carbono e mantemento da eficacia do encima RuBisCO durante o crecemento autótrofo.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads