Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)
Remove ads

Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) é unha película de fantasía e drama[1] dirixida por David Yates e a primeira das dúas baseadas na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sétimo filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman, David Barron e Rowling. A historia céntrase na busca que emprende Harry Potter co obxectivo de atopar e destruír os Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Ralph Fiennes, Helena Bonham Carter e Alan Rickman.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

O filme tivo a súa estrea en todo o mundo en cines 2D e IMAX o 19 de novembro de 2010.[2][3][4][5] A produción do filme comezou o 19 de febreiro de 2009 e rematou o 12 de xuño de 2010.[6]

Durante a fin de semana despois da súa estrea, esta primeira parte recadou 330 millóns de dórales, a máis alta do ano 2010.[7] A recadación nas salas internacionais ascende a 954,5 millóns de dólares estadounidenses,[8] converténdoa na terceira película con maiores recadacións de 2010 detrás de Toy Story 3 e Alice in Wonderland.[9].

Remove ads

Sinopse

Despois dos acontecementos ao final do ano anterior Harry, Ron e Hermione van á procura e destrución dos Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. Suponse que é o seu sétimo e último ano de estudos en Hogwarts, pero a desorde no Ministerio de Maxia e o alzamento no poder do Señor Escuro evitan a súa asistencia. Os tres amigos emprenden un camiño que os levará a loitar contra os Devoradores da Morte e a descubrir os poderes das reliquias da morte. Asemade, a conexión entre Harry e a mente de Voldemort faise máis forte.

Remove ads

Elenco

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads