Daniel Radcliffe

Actor inglés From Wikipedia, the free encyclopedia

Daniel Radcliffe
Remove ads

Daniel Jacob Radcliffe, nado en Fulham (Londres) o 23 de xullo de 1989 é un actor inglés, coñecido por interpretar o personaxe protagonista da saga Harry Potter, baseada nas novelas da escritora J. K. Rowling, cuxos libros se converteron nun grande éxito mundial.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Desde moi cativo quixo ser actor e debutou en 1999 dando vida a David Copperfield na película homónima para televisión. En 2001 interpretou un pequeno papel en The Tailor of Panama, no papel de fillo de Geoffrey Rush e Jamie Lee Curtis.

Durante esa rodaxe, a súa nai na ficción soubo da preprodución de Harry Potter e a pedra filosofal e animou a Radcliffe a presentarse ás audicións. Os seus pais pensaron que sería un proceso demasiado duro e frustrante en caso de fracasar, así que non lle deixaron facelo. Malia isto, os guionistas da película, que coñecían o pai, vírono no patio de butacas durante a representación dunha obra de teatro. No descanso achegáronse a falar co neno e cos pais, e insistiron en que se presentase ás audicións. Finalmente acudiu e foi escollido.

Desde aquela interpretou a Harry James Potter en todas as películas da saga, recibindo varios premios e nomeamentos polo seu traballo.

Remove ads

Filmografía

Cine

Máis información Ano, Título ...

Teatro

  • Equus (2007).
  • The play what I wrote (2003).
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads