Óscar ós mellores efectos visuais

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Óscar aos mellores efectos visuais (Academy Award for Visual Effects) é un premio entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como parte dos premios Óscar.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Características ...
Remove ads

Historia

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas recoñeceu as contribucións técnicas dos efectos especiais na cea inaugural de 1928, entregando unha placa para os "Mellores efectos de enxeñaría" ao primeiro gañador do Óscar ao mellor filme, o drama aéreo da primeira guerra mundial Wings.

O produtor David O. Selznick, daquela xefe de produción de RKO Studios, pediu á Xunta de Gobernadores da Academia que recoñecesen o traballo do animador Willis O'Brien polas súas innovacións en King Kong, mais non foi ata 1938 cando un filme foi realmente recoñecido polos seus efectos, cando se entregou un "Premio especial ao mérito polos efectos especiais" ao filme de Paramount Spawn of the North. Ao ano seguinte recoñeceuse a categoría de "Mellores efectos especiais", aínda que ocasionalmente a Academia decidiu entregar o premio a un filme en lugar de nomear dous ou máis.

Entre 1939 e 1963 o premio era tanto para os efectos visuais como para os efectos sonoros, polo que habitualmente se entregaban a dúas persoas. En 1964 deuse só aos efectos sonoros e o ano seguinte cambiouse o nome a "Mellores efectos especiais visuais".

Entre 1972 e 1977 non houbo un premio específico, senón que se entregou un “premio especial ao mérito”. A categoría reintroduciuse en 1977 co nome actual, aínda que algúns anos se volveu entregar como premio especial, o que se fixo por última vez en 1990.

Remove ads

Regras

En 2007 decidiuse facer unha listaxe previa de non máis de quince filmes elixibles. Desde 2010 hai cinco candidatos en lugar de tres. Non pode haber máis de catro persoas candidatas por un único filme.

Segundo as regras da Academia,[1] os criterios son:

(a) consideración da contribución que os efectos visuais realizan á produción en xeral e

(b) a destreza, talento e fidelidade que logran as ilusións visuais.

Remove ads

Cineastas

Dennis Muren ten o maior número de candidaturas (15) e de premios (8).

Algúns directores conseguiron que varios dos seus filmes fosen premiados polos seus efectos visuais. Destacan cinco filmes producidos por George Pal, cinco do director ou produtor George Lucas, cinco do director James Cameron (que comezou a súa carreira en Hollywood como técnico de efectos), catro dos directores Richard Fleischer, Steven Spielberg e Peter Jackson, e tres do director Robert Zemeckis.

O único Óscar de Stanley Kubrick foi nesta categoría en 1968 por 2001: Unha odisea do espazo. Os créditos do filme inclúen catro contribuíntes aos efectos: Douglas Trumbull, Tom Howard, Con Pederson e Wally Veevers. Porén, as regras da Academia nese momento só permitían tres nomeados, ao que levaría a suprimir un dos técnicos. Finalmente o único nome que se incluíu foi o de Kubrick.

Mellores efectos especiais

Efectos de enxeñaría

  • 1927–28: WingsRoy Pomeroy
    • The Jazz SingerNugent Slaughter
    • The Private Life of Helen of TroyRalph Hammeras

Premio especial
"Polo gran mérito na creación dos efectos especiais fotográficos e sonoros"

  • 1938: Spawn of the NorthGordon Jennings, axudado por Jan Domela, Dev Jennings, Irmin Roberts e Art Smith; transparencias de Farciot Edouart, axudado por Loyal Griggs.

Efectos especiais

  • 1939: The Rains CameE. H. Hansen (son), Fred Sersen (efectos fotográficos)
    • Foise co ventoJack Cosgrove (efectos fotográficos), Fred Albin (son), Arthur Johns (son)
    • Only Angels Have WingsRoy Davidson (efectos fotográficos), Edwin C. Hahn (son)
    • The Private Lives of Elizabeth and EssexByron Haskin (efectos fotográficos), Nathan Levinson (son)
    • Topper Takes a TripRoy Seawright (efectos fotográficos)
    • Union PacificFarciot Edouart (efectos fotográficos), Gordon Jennings (efectos fotográficos), Loren Ryder (son)
    • The Wizard of OzA. Arnold Gillespie (efectos fotográficos), Douglas Shearer (son)
  • 1940: The Thief of BagdadLawrence W. Butler (efectos fotográficos), Jack Whitney (son)
    • The Blue BirdFred Sersen (efectos fotográficos), Edmund H. Hansen (son)
    • Boom TownA. Arnold Gillespie (efectos fotográficos), Douglas Shearer (son)
    • The Boys from SyracuseJohn P. Fulton (efectos fotográficos), Bernard B. Brown (son), Joe Lapis (son)
    • Dr. CyclopsFarciot Edouart (efectos fotográficos), Gordon Jennings (efectos fotográficos)
    • Foreign CorrespondentPaul Eagler (efectos fotográficos), Thomas T. Moulton (son)
    • The Invisible Man ReturnsJohn P. Fulton (efectos fotográficos), Bernard B. Brown (son), William Hedgcock (son)
    • The Long Voyage HomeR. T. Layton (efectos fotográficos), Ray Binger (efectos fotográficos), Thomas T. Moulton (son)
    • One Million B.C.Roy Seawright (efectos fotográficos), Elmer A. Raguse (son)
    • RebeccaJack Cosgrove (efectos fotográficos), Arthur Johns (son)
    • The Sea HawkByron Haskin (efectos fotográficos), Nathan Levinson (son)
    • Swiss Family RobinsonVernon L. Walker (efectos fotográficos), John O. Aalberg (son)
    • TyphoonFarciot Edouart (efectos fotográficos), Gordon Jennings (efectos fotográficos), Loren L. Ryder (son)
    • Women in WarHoward Lydecker (efectos fotográficos), William Bradford (efectos fotográficos), Ellis J. Thackery (efectos fotográficos), Herbert Norsch (son)
  • 1941: I Wanted WingsFarciot Edouart (efectos fotográficos), Gordon Jennings (efectos fotográficos), Louis Mesenkop (son)
    • Aloma of the South SeasFarciot Edouart (efectos fotográficos), Gordon Jennings (efectos fotográficos), Louis Mesenkop (son)
    • Flight CommandA. Arnold Gillespie (efectos fotográficos), Douglas Shearer (son)
    • The Invisible WomanJohn P. Fulton (efectos fotográficos), John D. Hall (son)
    • The Sea WolfByron Haskin (efectos fotográficos), Nathan Levinson (son)
    • That Hamilton WomanLawrence W. Butler (efectos fotográficos), William A. Wilmarth (son)
    • Topper ReturnsRoy Seawright (efectos fotográficos), Elmer A. Raguse (son)
    • A Yank in the R.A.F.Fred Sersen (efectos fotográficos), Edmund H. Hansen (son)
  • 1942: Reap the Wild WindFarciot Edouart (efectos fotográficos), Gordon Jennings (efectos fotográficos), William L. Pereira (efectos fotográficos), Louis Mesenkop (son)
    • The Black SwanFred Sersen (efectos fotográficos), Roger Heman Sr. (son), George Leverett (son)
    • Desperate JourneyByron Haskin (efectos fotográficos), Nathan Levinson (son)
    • Flying TigersHoward Lydecker (efectos fotográficos), Daniel J. Bloomberg (son)
    • Invisible AgentJohn P. Fulton (efectos fotográficos), Bernard B. Brown (son)
    • O libro da selvaLawrence W. Butler (efectos fotográficos), William A. Wilmarth (son)
    • Mrs. MiniverA. Arnold Gillespie (efectos fotográficos), Warren Newcombe (efectos fotográficos), Douglas Shearer (son)
    • The Navy Comes ThroughVernon L. Walker (efectos fotográficos), James G. Stewart (son)
    • One of Our Aircraft Is MissingRonald Neame (efectos fotográficos), C. C. Stevens (son)
    • The Pride of the YankeesJack Cosgrove (efectos fotográficos), Ray Binger (efectos fotográficos), Thomas T. Moulton (son)
  • 1943: Crash DiveFred Sersen (efectos fotográficos), Roger Heman Sr. (son)
    • Air ForceHans F. Koenekamp (efectos fotográficos), Rex Wimpy (efectos fotográficos), Nathan Levinson (son)
    • BombardierVernon L. Walker (efectos fotográficos), James G. Stewart (son), Roy Granville
    • A estrela do norteClarence Slifer (efectos fotográficos), Ray Binger (efectos fotográficos), Thomas T. Moulton (son)
    • So Proudly We Hail!Farciot Edouart (efectos fotográficos), Gordon Jennings (efectos fotográficos), George Dutton (son)
    • Stand By for ActionA. Arnold Gillespie (efectos fotográficos), Donald Jahraus (efectos fotográficos), Michael Steinore (son)
  • 1944: Thirty Seconds Over TokyoA. Arnold Gillespie (efectos fotográficos), Donald Jahraus (efectos fotográficos), Warren Newcombe (efectos fotográficos), Douglas Shearer (son)
    • The Adventures of Mark TwainPaul Detlefsen (efectos fotográficos), John Crouse (efectos fotográficos), Nathan Levinson (son)
    • Days of GloryVernon L. Walker (efectos fotográficos), James G. Stewart (son), Roy Granville (son)
    • Secret CommandDavid Allen (efectos fotográficos), Ray Cory (efectos fotográficos), Robert Wright (efectos fotográficos), Russell Malmgren (son), Harry Kusnick (son)
    • Since You Went AwayJack Cosgrove (efectos fotográficos), Arthur Johns (son)
    • The Story of Dr. WassellFarciot Edouart (efectos fotográficos), Gordon Jennings (efectos fotográficos), George Dutton (son)
    • WilsonFred Sersen (efectos fotográficos), Roger Heman Sr. (son)
  • 1945: Wonder ManJohn P. Fulton (efectos fotográficos), Arthur Johns (son)
    • Captain EddieFred Sersen (efectos fotográficos), Sol Halperin (efectos fotográficos), Roger Heman Sr. (son), Harry M. Leonard (son)
    • SpellboundJack Cosgrove
    • They Were ExpendableA. Arnold Gillespie (efectos fotográficos), Donald Jahraus (efectos fotográficos), R. A. MacDonald (efectos fotográficos), Michael Steinore (son)
    • A Thousand and One NightsLawrence W. Butler (efectos fotográficos), Ray Bomba (son)
  • 1946: Blithe SpiritThomas Howard
    • A Stolen LifeWilliam C. McGann
  • 1947: Green Dolphin StreetA. Arnold Gillespie e Warren Newcombe (photo) Douglas Shearer e Michael Steinore (son)
    • UnconqueredFarciot Edouart, Devereux Jennings, Gordon Jennings, W. Wallace Kelley, Paul Lerpae (efectos fotográficos) George Dutton (son)
  • 1948: Portrait of JenniePaul Eagler, J. McMillan Johnson, Russell Shearman e Clarence Slifer (efectos fotográficos), Charles L. Freeman e James G. Stewart (son)
    • Deep WatersRalph Hammeras, Fred Sersen, Edward Snyder e Roger Heman Sr
  • 1949: Mighty Joe Young
    • Tulsa
  • 1950: Destination Moon
    • Samson and Delilah
  • 1951: When Worlds Collide (único candidato)
  • 1952: Plymouth Adventure (único candidato)
  • 1953: The War of the Worlds (único candidato)
  • 1954: 20000 leguas de viaxe submarina
    • Hell and High Water
    • Them!
  • 1955: The Bridges at Toko-Ri
    • The Dam Busters
    • The Rains of Ranchipur
  • 1956: Os dez mandamentosJohn P. Fulton
    • Planeta prohibidoA. Arnold Gillespie, Irving G. Ries e Wesley C. Miller
  • 1957: The Enemy Below – Efectos sonoros Walter Rossi (Listado só por referencia, mais non é un premio aos efectos visuais.)
    • O espírito de St. Louis – Efectos visuais de Louis Lichtenfield
  • 1958: tom thumb – Efectos visuais de Tom Howard
    • Torpedo Run – Efectos visuais de A. Arnold Gillespie, Son: Harold Humbrock
  • 1959: Ben-Hur – Efectos visuais de A. Arnold Gillespie e Robert MacDonald, Audio: Milo B. Lory
    • Viaxe ó centro da terra – Efectos visuais de L.B. Abbott e James B. Gordon, Son: Carl Faulkner
  • 1960: The Time Machine – Efectos visuais de Gene Warren e Tim Baar
    • The Last Voyage – Efectos visuais de Augie Lohman
  • 1961: The Guns of Navarone – Efectos visuais de Bill Warrington, Audio: Vivian C. Greenham
    • The Absent-Minded Professor – Efectos visuais de Robert A. Mattey e Eustace Lycett
  • 1962: The Longest Day – Efectos visuais de Robert MacDonald, Audio: Jacques Maumont
    • Rebelión a bordo – Efectos visuais de A. Arnold Gillespie, Son: Milo B. Lory
Remove ads

Mellores efectos visuais

1960

Máis información Ano, Filme ...

1970

Máis información Ano, Filme ...

1980

Máis información Ano, Filme ...

1990

Máis información Ano, Filme ...

2000

Máis información Ano, Filme ...

2010

Máis información Ano, Filme ...
Este premio foi un premio especial ao mérito e non un premio competitivo.

2020

Máis información Ano, Filme ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads