Harry Potter e o misterio do príncipe (filme)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Harry Potter e o misterio do príncipe (filme)
Remove ads

Harry Potter e o misterio do príncipe (en inglés: Harry Potter and the Half-Blood Prince) é un filme de fantasía e drama[1] dirixido por David Yates e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sexto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman e David Barron.[2] A historia céntrase no sexto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que se obsesiona cun misterioso libro de texto, se namora e intenta conseguir un recordo que ten a clave para derrotar a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Michael Gambon, Jim Broadbent, Alan Rickman, Tom Felton e Helena Bonham Carter.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 15 de xullo de 2009. A recadación nas salas internacionais ascende a 933,9 millóns de dólares estadounidenses.[3] Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor fotografía,[4] que finalmente gañou Avatar, e outra aos premios BAFTA aos mellores efectos especiais e ao mellor deseño de produción, ambos tamén gañados por Avatar.[5] O misterio do príncipe é un dos filmes da saga mellor valorados pola crítica.

Estreouse na TVG, en galego, o 25 de decembro do 2013.

Remove ads

Sinopse

No sexto ano de Harry en Hogwarts, Lord Voldemort e os Devoradores da Morte aumentan o terror que provocan na poboación máxica e muggle. Albus Dumbledore persuade un vello amigo Horace Slughorn para que regrese a Hogwarts como profesor; non obstante, Dumbledore ten unha razón importante para que Slughorn cubra a vacante. Durante unha clase de Apócemas, Harry toma posesión dun libro de texto pertencente ao "Príncipe Mestizo" e cheo de anotacións ás marxes. Entrementres, Dumbledore e Harry manteñen reunións secretas co obxectivo de descubrir como destruír a Voldemort definitivamente.

Remove ads

Elenco

Remove ads

Banda sonora

A banda sonora de Harry Potter e o misterio do príncipe lanzouse ao mercado o 14 de xullo de 2009. As pezas musicais foron compostas por Nicholas Hooper e dirixidas por Hooper e Alastair King. É a segunda banda sonora dun filme da saga Harry Potter feita por Hooper, que xa se encargara do filme anterior, Harry Potter e a Orde do Fénix. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película.

"Dumbledore's Farewell" emprégase de novo en Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) durante as escena na que Harry ve os recordos de Snape no pensadoiro.

Lista de pistas
  1. "Opening" - 2:53
  2. "In Noctem" - 2:00
  3. "The Story Begins" - 2:05
  4. "Ginny" - 1:30
  5. "Snape & the Unbreakable Vow" - 2:50
  6. "Wizard Wheezes" - 1:42
  7. "Dumbledore's Speech" - 1:31
  8. "Living Death" - 1:55
  9. "Into the Pensieve" - 1:45
  10. "The Book" - 1:44
  11. "Ron's Victory" - 1:44
  12. "Harry & Hermione" - 2:52
  13. "School!" - 1:05
  14. "Malfoy's Mission" - 2:53
  15. "The Slug Party" - 2:11
  16. "Into the Rushes" - 2:33
  17. "Farewell Aragog" - 2:08
  18. "Dumbledore's Foreboding" - 1:18
  19. "Of Love & War" - 1:17
  20. "When Ginny Kissed Harry" - 2:38
  21. "Slughorn's Confession" - 3:33
  22. "Journey to the Cave" - 3:08
  23. "The Drink of Despair" - 2:44
  24. "Inferi in the Firestorm" - 1:53
  25. "The Killing of Dumbledore" - 3:34
  26. "Dumbledore's Farewell" - 2:22
  27. "The Friends" - 2:00
  28. "The Weasley Stomp" - 2:51

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads