Hengest

From Wikipedia, the free encyclopedia

Hengest
Remove ads

Hengest ou Hengist, finado en 488?, foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V). lugartenente do rei danés Hnæf[1]. A súa figura protohistórica aparece no poema épico Beowulf e o fragmento de Finnsburg[2]. A súa figura lendaria aparece como o fundador do reino de Kent, un dos primeiros reinos anglosaxóns na illa.[3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Escudo da cidade de Bünde, en Renania do Norte-Westfalia, que representa a Hengest e ao seu irmán Horsa dándose a man tras acordar a invasión de Gran Bretaña; acordo que, segundo a tradición, se produciu en Bünde.
Remove ads

Traxectoria

En Beowulf cítase a Hildeburh, a irmá do rei Hnæf e esposa de Finn de Frisia. Tanto Hnæf como o fillo de Hildeburh e Finn caeron no campo de batalla, xunto a moitos guerreiros frisóns. Non está claro o papel de Finn na disputa que o leva a ofrecer un trato desfavorábel, pero Hengest rompe ese trato, mata a Finn e leva a Hildeburh de regreso a Dinamarca[4].

Historia ecclesiastica gentis Anglorum

En Historia ecclesiastica gentis Anglorum (século VIII) aparece un Hengest, irmán de Horsa, caudillos dun exército formado por anglos, saxóns e xutos. Horsa morreu en batalla contra os britóns e foi enterrado no leste de Kent, onde un monumento que lembraba o seu nome aínda existía nos tempos de Beda. Fai unha xenealoxía dos irmáns, ambos os fillos de Wictgils fillo de Witta fillo de Woden, e que á súa vez Hengist era pai de Oeric, o cal o acompañou a Britania[5].

Remove ads

Crónica anglosaxoa

A Crónica anglosaxoa menciona a Batalla de Aylesford (455), cando Hengest combateu a Vortigern. Nesa batalla morreu o seu irmán Horsa[6].

Historia Brittonum

A Historia Brittonum menciona a Hengest e Horsa, a quen Vortigern permitiu asentarse co seu pobo en Thanet a cambio dos seus servizos como mercenarios para defender o reino contra os pictos. Hengest convenceu a Vortigern para que lle concedese máis terra e permitir a chegada de máis colonos, o que abriu o camiño ao asentamento xermánico na illa[7].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads