Horsa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Horsa foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V), que conxuntamente co seu irmán Hengest protagonizaron a primeira colonización xermánica na illa de Gran Bretaña. Algúns historiadores citan a ambos os irmáns como saxóns, oriúndos de Xutlandia, que lideraron a anglos, saxóns e xutos na invasión e protagonizaron un asentamento no reino de Kent.[2][3].

Remove ads
Traxectoria
Segundo a crónica anglosaxoa, Horsa morreu na batalla de Aylesford (455), combatendo xunto ao seu irmán contra Vortigern, rei dos britanos, quen en principio facilitara o seu asentamento a cambio de protexer o reino do ataque dos pictos, pero posteriormente a colonización converteuse en conquista[4].
Horsa foi enterrado no leste de Kent, onde un monumento que lembraba o seu nome aínda existía nos tempos de Beda.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
