Hermann Weyl

matemático alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Hermann Weyl
Remove ads

Hermann Klaus Hugo Weyl, nado en Elmshorn o 9 de novembro de 1885 e finado en Zürich o 8 de decembro de 1955 foi un matemático alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

A pesar de ter pasado boa parte da súa vida académica en Zürich e posteriormente en Princeton, está intimamente identificado coa tradición da matemática da Universidade de Gotinga, representada por David Hilbert e Hermann Minkowski. As súas pescudas posúen grande importancia para a física teórica, así como para outras disciplinas puras como a teoría de números. Weyl foi un dos matemáticos máis influentes do século XX, e personaxe chave do Instituto de Estudos Avanzados de Princeton nos seus seus primeiros anos, en termos de crear unha visión integrada e internacional.

Weyl publicou obras técnicas e algunhas xerais sobre espazo, tempo, materia, filosofía, lóxica, simetria e historia das matemáticas. Foi un dos primeiros que concibiu a combinación da relatividade xeral coas leis do eletromagnetismo. Mentres que ningún matemático da súa xeración aspirou ao universalismo de Henri Poincaré ou Hilbert, Weyl chegou moi preto. En particular, Michael Atiyah comentou que para onde ollase nunha determinada área, descubría que Weyl o precedera.[1]

Remove ads

Traxectoria

Hermann Weyl naceu en Elmshorn, unha cidade próxima a Hamburgo.

Dende 1904 a 1908 estudou matemáticas e física tanto en Gotinga como en Múnic. O seu doutoramento obtívoo na Universidade de Gotinga baixo a supervisión de David Hilbert a quen admiraba moito. Tras obter un posto de ensino durante uns anos, abandonou Gotinga por Zürich para ocupar a cátedra de matemáticas na ETH Zürich, onde foi colega de Einstein mentres estaba a concretar detalles da teoría da relatividade xeral. Einstein exerceu unha influencia duradeira sobre Weyl, que quedou fascinado pola física matemática. Weyl coñeceu en 1921 a Erwin Schrödinger, quen foi nomeado profesor na Universidade de Zürich e chegaron a seren amigos íntimos.

Weyl deixou Zürich en 1930 para ser o sucesor de Hilbert en Gotinga ata 1933. Os eventos persuadírono a dirixir o Instituto de Estudos Avanzados en Princeton. Continuou alí ata a súa xubilación en 1951. Xunto coa súa dona, viviu en Princeton e Zürich, onde faleceu en 1955.

Remove ads

Contribucións

Entre as áreas nas que traballou Weyl atópanse:

Bibliografía

Fontes primarias

  • 1913 Idee des Riemannflāche, 2.ª ed. 1955. Addison-Wesley.
  • 1918 Das Kontinuum
  • 1918 Raum, Zeit, Materie. 5 eds. ata 1922 ed. con notas de Jūrgen Ehlers, 1980.
  • 1923 Mathematische Analyse des Raumproblems.
  • 1924 Was ist Materie?
  • 1925 (publ. 1988 ed. K. Chandrasekharan) Riemann's Geometrische Idee.
  • 1927 Philosophie der Mathematik und Naturwissenschaft, 2.ª ed. 1949. Princeton 0689702078
  • 1928 Gruppentheorie und Quantenmechanik.
  • 1933 The Open World
  • 1934 Mind and Nature U. of Pennsylvania Press.
  • 1934 On generalized Riemann matrices, "Ann. of Math. 35": 400–415.
  • 1935 Elementary Theory of Invariants.
  • 1939 Classical Groups: Their Invariants And Representations. Princeton. ISBN 0-691-05756-7
  • 1940 Algebraic Theory of Numbers rept. 1998 Princeton U. Press. ISBN 0-691-05917-9
  • 1952 Symmetry. Princeton University Press. ISBN 0-691-02374-3
  • 1968 en K. Chandrasekharan ed, Gesammelte Abhandlungen. Vol IV. Springer.

Fontes secundarias

  • Ed. K. Chandrasekharan,Hermann Weyl, 1885-1985, Centenary lectures delivered by C. N. Yang, R. Penrose, A. Borel, at the ETH Zürich. Springer-Verlag: Berlim, Heidelberg, Nova York, Londres, París, Tokyo - 1986, publicado pola Eidgenössische Technische Hochschule, Zürique.
  • Deppert, Wolfgang et al., eds., Exact Sciences and their Philosophical Foundations. Vorträge des Internationalen Herman-Weyl-Kongresses, Kiel 1985, Berna, Nova York, París: Peter Lang, 1988,
  • Ivor Grattan-Guinness. The Search for Mathematical Roots 1870-1940. Princeton Uni. Press., 2000.
  • Erhard Scholz; Robert Coleman; Herbert Korte; Hubert Goenner; Skuli Sigurdsson; Norbert Straumann eds. Hermann Weyl's Raum - Zeit - Materie and a General Introduction to his Scientific Work. Oberwolfach Seminars. ISBN 3-7643-6476-9. Springer-Verlag: Nova York, Nova York, N.Y.
  • Thomas Hawkins. Emergence of the Theory of Lie Groups, Nova York: Springer, 2000.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads