Iniciativa per Catalunya Verds

partido político ecosocialista catalán From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Iniciativa per Catalunya Verds (ICV) foi un partido político ecosocialista catalán que tiña a súa orixe en Iniciativa per Catalunya (IC), unha federación de partidos formada en 1987 polo Partit Socialista Unificat de Catalunya, Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra e o Partit dels Comunistes de Catalunya que incorporou personalidades independentes procedentes dos movementos sociais e que pretendía reorganizar o antigo espazo comunista catalán e abrirse ós novos movementos sociais, mantiña acordos electorais e parlamentarios con Izquierda Unida. O seu primeiro dirixente foi Rafael Ribó que procedía do partido maioritario, o PSUC.

Datos rápidos Instancia de, Ideoloxía política ...

Preséntase desde 2003 xunto con Esquerra Unida i Alternativa ás eleccións ao Parlamento de Cataluña (ICV-EUiA).

Remove ads

Características

O discurso da coalición, afastado do comunismo clásico provocou tensións no seu interior e en 1989 o PCC deixou IC, entrementres o PSUC e ENE van cedendo progresivamente a súa soberanía a IC converténdose de feito nun partido político.

En 1995 IC formou con Els Verds (Confederació Ecologista de Catalunya) e o PCC a coalición Iniciativa per Catalunya-Els Verds (IC-V). En 1997 o PCC abandonou a coalición e xunto un sector do PSUC oposto á súa disolución escindido, o PSUC-viu, formou Esquerra Unida i Alternativa que se vinculou a Izquierda Unida, o que provocou que IC dera por finalizados os acordos que mantiña con IU.

Dirixido por Joan Saura, no ano 2002 xa como partido político pasou a denominarse Iniciativa per Cataluña Verds. No 2004 incorporouse a ICV Els Verds-Esquerra Ecologista.

ICV participa no actual goberno catalán, conta con 8 deputados no Parlamento de Cataluña e ten representación no Congreso dos Deputados, no Senado e no Parlamento Europeo, 20 alcaldes e 400 concelleiros foron elixidos nas listas de ICV.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads