Interleucina 3

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A interleucina 3, abreviada como IL-3 (ou IL3), é unha proteína reguladora inmunitaria do tipo das interleucinas, que nos humanos está codificada no xene IL3 do cromosoma 5.[1][2] O xene humano da IL-3 codifica unha proteína de 152 aminoácidos, e a IL-3 natural está glicosilada. O xene humano da IL-3, está situado a só 9 kb do xene do GM-CSF, e a súa función é bastante similar á deste.

Interleucina 3
Identificadores
Símbolo IL3
Símbolos alt. IL-3; MCGF; MULTI-CSF
Entrez 3562
OMIM

147740

PDB 1JLI
RefSeq NP_000579
UniProt P08700
Outros datos
Locus Cr. 5 :(131.4 – 131.4 Mb)
Remove ads

Función

A interleucina 3 (IL-3) é unha interleucina, un tipo de sinal químico biolóxico (citocina) que pode mellorar a resposta natural do corpo ás doenzas como parte do sistema inmunitario. Actúa uníndose ao receptor da interleucina 3.

A IL-3 estimula a diferenciación das células nai hematopoéticas multipotentes en células proxenitoras mieloides ou, coa adición de IL-7, en células proxenitoras linfoides. Ademais, a IL-3 estimula a proliferación de todas as células da liñaxe mieloide (granulocitos, monocitos, e células dendríticas), en conxunción con outras citocinas, por exemplo, a eritropoetina (EPO), factor estimulante das colonias de granulocitos-macrófagos (GM-CSF), e IL-6. É segregada polos basófilos e por células T activadas para apoiar o crecemento e diferenciación das células T nas respostas imunitarias. As células T activadas poden inducir a súa propia proliferación e diferenciación por sinalización autócrinsa ou poden inducilas noutras células T por sinalización parácrina, e en ambos os casos está implicada a unión de IL-2 ao receptor de IL-2 das células T (regulado á alza cando se activa a célula, baixo a indución feita pola IL-1 segregada por macrófagos).

Remove ads

Descubrimento

A interleucina 3 descubriuna JN Ihle orixinariamente nos ratos. Atopou un factor derivado das células T que inducía a síntese de 20alfa-hidroxiesteroide deshidroxenase en células hematopoéticas e denominouno interleucina 3.[3][4]

Interactions

A interleucina 3 presenta interaccións con IL3RA.[5][6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads