ISO (observatorio espacial)

Observatorio espacial infravermello da Axencia Espacial Europea. From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

ISO (acrónimo de Infrared Space Observatory) foi un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 17 de novembro de 1995 mediante un foguete Ariane 44P desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.[2][5][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

ISO foi lanzado para facer observacións astronómicas no infravermello cunha sensibilidade mil veces superior ó do observatorio espacial IRAS grazas á súa capacidade de permanecer observando un mesmo obxecto durante horas. Entre as observacións de interese contábanse as ondas de densidade no medio interestelar e a súa contribución á formación estelar e o estudo dos planetas xigantes, os asteroides e os cometas do sistema solar.[1][2][5][6]

O telescopio de ISO era de tipo Ritchey-Chretien, cunha apertura de 60 cm e un campo de visión de 20 minutos de arco, cunha precisión no apuntado de 5 segundos de arco. Podía observar no rango de lonxitudes de onda entre 2 e 120 micrómetros e os instrumentos estaban refrixerados ata os 1,9 K mediante helio e hidróxeno líquidos. Cada órbita proporcionaba unhas dez horas de observación. Os datos transmitíanse a 44 kbps.[2][5]

ISO foi inxectado nunha órbita inicial de 70.998 km de apoxeo e 990 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 5,2 graos e un período de 1440 minutos. O helio e hidróxeno refrixerantes esgotáronse o 8 de abril de 1998, tras do cal algúns instrumentos seguiron observando durante unhas 150 horas ata que a temperatura subiu demasiado. Durante o mes posterior ISO foi usado para facer probas dalgúns dos seus elementos fora do rango normal de condicións de uso e máis tarde baixouse o seu perihelio para asegurarse de que acabará reentrando na atmosfera entre 20 e 30 anos a partir da data en que deixou de funcionar. ISO foi apagado definitivamente o 16 de maio de 1998.[2][5]

Remove ads

Instrumentos

ISO levaba os seguintes instrumentos a bordo:[5]

  • Cámara infravermella (ISOCAM): cámara de alta resolución con dous detectores para lonxitudes de onda entre 2,5 e 17 micrómetros.
  • Fotopolarímetro (ISOPHOT): deseñado para medir a cantidade de radiación infravermella emitida polos obxectos astronómicos entre 2,4 e 240 micrómetros.
  • Espectrómetro de onda curta (SWS): espectrómetro para o intervalo entre 2,4 e 45 micrómetros para obter información sobre a composición química, densidade e temperatura.
  • Espectrómetro de onda longa (LWS): espectrómetro para o intervalo entre 45 e 196,8 micrómetros para obter información sobre a composición química, densidade e temperatura de obxectos moito máis fríos que os que podía observar o SWS, como nubes de po frías interestelares.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads