Iannis Xenakis

compositor grego From Wikipedia, the free encyclopedia

Iannis Xenakis
Remove ads

Iannis Xenakis (Γιάννης Ξενάκης, tamén transliterado en francés como Yannis Xénakis) foi un compositor e arquitecto de ascendencia grega nado o 29 de maio de 1922 en Brăila, Romanía; nacionalizouse francés e pasou gran parte da súa vida en París, onde morreu o 4 de febreiro de 2001. Considérase como un dos compositores máis importantes da música contemporánea.

Remove ads

Traxectoria

Aos 10 anos trasladouse coa súa familia a Grecia, comezando logo estudos de inxeñería en Atenas. Os seus estudos interrómpense en 1941 coa ocupación nazi do su país. Participou na resistenza grega durante a segunda guerra mundial, e na primeira fase da guerra civil grega como membro da compañía de estudantes Lord Byron do Exército de Liberación do Pobo Grego (ELAS). En xaneiro de 1945 recibiu unha grave ferida de obús no lado esquerdo da cara que o puxo preto da morte, provocándolle a perda dun ollo e desfigurándolle parte do rostro. En 1946 puido finalizar os seus estudos obtendo o título de enxeñeiro, pero foi perseguido debido ao seu activismo político, e condenado a morte. Logrou fuxir e, grazas a un pasaporte falso, cruzar a fronteira rumbo a Francia en 1947.

Establecido en París, en 1948 ingresou no estudio do famoso arquitecto Le Corbusier como enxeñeiro calculista. Pronto comezou a colaborar nos proxectos de varias obras importantes saídas do estudio de Le Corbusier durante eses anos, como as unidades habitacionais de Nantes (1949), Briey-en-Forêt e Berlin-Charlottenburg (1954), os diferentes edificios constitutivos do plan de urbanismo de Chandigarh na India (1951), e o Centro Deportivo e Cultural de Bagdad (1957). Nestas obras Xenakis aplicou os mesmos procesos compositivos e estéticos que nas súas obras musicais da época.

Xenakis deseñou ademais dúas importantes obras da arquitectura do século XX: o convento de Santa María de La Tourette (1953), e especialmente o Pavillón Philips da Exposición Internacional de Bruxelas de 1958, baseado nas mesmas estruturas que a súa obra orquestral Metastasis de 1953-1954.[1] Para o interior do Pavillón encargóuselle a Edgar Varèse que realizara a música, quen compuxo o seu Poème Électronique, e o propio Xenakis compuxo Concret PH que se escoitaba nos interludios entre as presentacións da obra de Varèse.

Durante eses anos, Xenakis comezou paralelamente os seus estudos de composición en París, primeiro con Arthur Honegger e Darius Milhaud, cos que non tivo demasiado entendemento, e finalmente con Olivier Messiaen, con quen sí estudou regularmente a partir de 1952. En 1955 Hans Rosbaud dirixiu no Festival de Donaueschingen a súa primeira obra importante para orquestra: Metástase. Esta peza e as que lle seguiron, notablemente Pithoprakta de 1955-56, e Achorripsis de 1956-57, así como artigos publicados nos Gravesaner Blätter, a revista que dirixía Hermann Scherchen, déronlle a Xenakis unha notoriedade que finalmente lle permitiu dedicarse exclusivamente á composición.

En 1963 publicou Musiques Formelles (Música formalizada), posteriormente revisada, expandida e publicada en inglés como Formalized Music: Thought and Mathematics in Composition en 1971, e novamente ampliada e revisada para a segunda e definitiva edición de 1990; unha colección de ensaios sobre as súas ideas musicais e técnicas compositivas, considerada unha das contribucións máis importantes á teoría da música do século XX. En 1997 obtivo o Premio Kyoto que concede a Fundación Inamori, de Kyoto.

Pioneiro do emprego da computadora na composición musical algorítmica, Xenakis fundou en 1966 o EMAMu, coñecido a partir de 1972 como CEMAMu (Centre d'Études de Mathématique et Automatique Musicales), instituto dedicado ao estudo de aplicacións informáticas na música. Alí Xenakis concibiu e desenvolveu o sistema UPIC, que permite a realización sonora directa da notación gráfica que se efectúa sobre unha taboíña.

Xenakis estivo casado coa escritora Françoise Xenakis.

Remove ads

Catálogo de obras

Máis información Ano, Obra ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads