Ibias

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ibiasmap
Remove ads

Ibias é un concello de Asturias. Limita ao norte coa Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Allande, ao leste con Cangas del Narcea e Degaña, ao sur con Peranzais e Candín e polo oeste con Navia de Suarna. O concello cobre unha superficie de 230 km² e contaba cun total 1.903 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 8,27 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Historia

Integrante durante varios séculos da diocese de Britonia, as súas terras aínda eran considerados na diplomática medieval do século X, como parte da Galicia[1], tal e como recolle unha confirmación de 955 do rei Ordoño III, onde menciona: in Gallecia: (…) Vallebona (Valboa), Triacastella (Triacastela), Zerbantes (Cervantes), Nabia (Navia) cum Deganeis (Degaña) suis , Vitrico , Arborsola (Boal) , Soorna (Navia de Suarna), Trabersas de Fraxino , Ibias ambas, Ausecos (Vilanova de Ozcos) et Neiro (Neira).[2]

Na metade do século XVIII pertenceu a Galicia.[3]

Remove ads

Parroquias

Máis información Asturias | Parroquias de ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads