Ibis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ibis
Remove ads

Os ibis[1] son as aves da subfamilia dos tresquiornitinos (Threskiornithinae). Son aves pelecaniformes[2][3] de pescozo longo e peteiro curvado para abaixo, que habita en zonas húmidas, bosques e chairas.[4] Aliméntanse en grupo sondando o barro co peteiro para obter a comida, normalmente crustáceos. A maioría fai o seu niño nas árbores, a miúdo rodeado de garzas e cullereiros. Son monógamos e moi territoriais cando están aniñando e alimentándose.[4] Todas as especies viventes son voadoras, pero hai dous xéneros extinguidos non voadores, que son o Apteribis de Hawai, que lembra a un kiwi, e o peculiar Xenicibis de Xamaica.[4] O nome ibis vén do latín ibis[5] e este do grego ἶβις (ibis), e este á súa vez do exipcio hb, hīb.[6]

Máis información Clasificación científica, xénero ...
Thumb
Plagadis falcinellus en voo, ave que pode verse ás veces en Galicia.
Thumb
Cabeza de ibis escarlata (Eudocimus ruber) adulto.

Os tresquiornitinos mazarico negro ou mouro (Plegadis falcinellus) e ibis eremita (Geronticus eremita) están incluídos na Lista de aves de Galicia.

Remove ads

Xéneros e especies

A subfamilia Threskiornithinae comprende 28 especie distribuídas en 12 xéneros:[2]

  • Xénero Threskiornis
  • Xénero Pseudibis
    • Pseudibis papillosa
    • Pseudibis davisoni
    • Pseudibis gigantea
  • Xénero Geronticus
  • Xénero Nipponia
    • Nipponia nippon
  • Xénero Bostrychia
    • Bostrychia olivacea
    • Bostrychia rara
    • Bostrychia hagedash
    • Bostrychia carunculata
  • Xénero Theristicus
    • Theristicus caerulescens
    • Theristicus caudatus
    • Theristicus melanopis
  • Xénero Cercibis
    • Cercibis oxycerca
  • Xénero Mesembrinibis
    • Mesembrinibis cayennensis
  • Xénero Phimosus
    • Phimosus infuscatus
  • Xénero Eudocimus
  • Xénero Plegadis
  • Xénero Lophotibis
    • Lophotibis cristata

Outra especie extinta, clasificada no seu propio xénero, é o ibis xamaicano Xenicibis xympithecus, que se caracteriza polo trazo único de ter ás con forma de maza.

Remove ads

Na cultura

Segundo o folclore, o ibis é o último animal que se refuxia antes dun furacán, e o primeiro en reaparecer despois do paso da tormenta.

O ibis sagrado Threskiornis aethiopicus era venerado na relixión do antigo Exipto, e estaba asociado ao deus Djehuty, denominado en grego Thoth. Estaba relacionado coa escritura, matemáticas, medidas e o tempo e tamén coa lúa e a maxia.[7] Nas obras de arte do Período tardío do Antigo Exipto, Thoth representábase popularmente como un home con cabeza de ibis que está escribindo.[7]

Na cidade de Hermopolis, o ibis criábase especificamente para utilizalo despois nos sacrificios, e no serapeum en Saqqara, os arqueólogos atoparon momias dun millón e medio de ibis e de centos de miles de falcóns.[8]

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads