Gaivotón de cabeza negra
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O gaivotón de cabeza negra[2] (Ichthyaetus ichthyaetus) é unha grande especie da familia dos láridos. Como ocorría con moitas gaivotas, esta especie estivo tradicionalmente incluída no xénero Larus.[3] O seu nome científico procede do grego antigo, de ikhthus, 'peixe' e aetos, 'aguia'.[4]
Remove ads
Distribución

Esta especie reprodúcese en colonias en marismas e illas do sur de Rusia ata Mongolia. É unha ave migratoria, que inverna no leste do Mediterráneo, Península Arábiga e India. Nidifica no chan, poñendo entre dous e catro ovos.
No oeste de Europa só pode aparecer como ave vagante. En Gran Bretaña unha revisión recente só recoñeceu unha soa aparición en 1859 como único rexistro aceptable. A especie tamén pode chegar errante a varias partes do océano Índico, ao sur do seu territorio normal, e ao longo das costas norte e leste de África, onde fai visitas anuais pero de forma irregular.[5]
Remove ads
Descrición
É unha gaivota moi grande, de feito é a gaivota de cabeza negra máis grande do mundo e a terceira especie de gaivota máis grande do mundo, despois do gaivotón atlántico e do gaivotón hiperbóreo. Mide 55-72 cm de lonxitude cunha envergdura alar de 142 a 170 cm.[6][7][8] O seu peso varía de 0,96 a 2,1 kg, cunha media de 1,6 kg en machos e 1,22 kg en femias.[9] Entre as medidas estándar, a corda alar é de 43,5 a 52 cm, o bico é de 4,7 a 7,3 cm e o tarso é de 6,5 a 8,4 cm.[7] Os adultos no verán son inconfundibles, xa que ningunha outra gaivota deste tamaño ten a cabeza negra. Os adultos teñen ás e dorso grises, con "espellos" brancos ben visibles nas puntas das ás. As patas son amarelas e o bico é amarelo-laranxa con punta vermella.
En todas as outras plumaxes, a presenza dunha máscara escura que cruza os ollos indica os vestixios que quedaron da cabeza negra. A chamada é un profundo grallar aargh. As aves novas cambian as partes ventrais a gris na súa maior parte bastante rapidamente, mais tardan catro anos en atinxir a madureza.
Remove ads
Ecoloxía
Esta ave fai unha chamada en voo profunda e bastante nasal que lembra á da gaivota escura. Aínda que son ruidosos nas colonias, están silenciosas o máis do tempo cando se reproducen.
Son aves predadoras que capturan peixes, crustáceos, insectos e mesmo pequenos mamíferos.
É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a Conservación das Aves Acuáticas Migratorias Africano-Eurasiáticas (AEWA).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

