Ichthyaetus
xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ichthyaetus é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros e familia dos láridos.


Compfrende seis especies que se distribúen en partes de Europa, Asia e África.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup,[1] na súa obra Skizze zur Entwickelungsgeschichte der europäischen Thierwelt.[2]
Etimoloxía
O nome científico Ichthyaetus está formado pola unión dos elementos do latín científico ichthy- e -aetos, tirados das voces do grego antigo ἰχθύς ichthýs, "peixe", e ἀετός aetós, "aguia".[3]
Nota taxonómica
Durante moito tempo a maioría das gaivotas situáronse neste xénero, entre elas as que se integran hoxe no xénero Ichthyaetus , incluso ao longo do século XX.[4][5] Este sistema predominou até principios do século XXI: nos anos 2005-2007 coñeceuse que esta agrupación era polifilética.
En 2005 un estudo de filoxenia molecular realizado por primeira vez sobre todas as especies recoñecidas de gaivotas (53 especies) demostrou que o xénero Larus así concibido non era monofilético.[6] Confirmando as conclusións de dous estudos anteriores, un sobre morfoloxía,[7] e o outro sobre caracteres moleculares,[8] avogaron pola disociación de Larus en seis xéneros:[6]
- Chroicocephalus (11 especies)
- Hydrocoloeus (2 especies)
- Ichthyaetus (6 especies)
- Larus (24 especies)
- Leucophaeus (5 especies)
- Saundersilarus (1 especie).
Algunhas destas recomendacións foron inmediatamente aceptadas pola comunidade científica internacional.[9][10]
Até comezos do século XXI as hoxe recoñecidas como súas especies incluíanse no xénero Larus como subxéneros, pero en 2005 propúxose que varios dos subxéneros que compoñían Larus foran ascendidos á categoría de xéneros válidos,[6] proposta que foi aceptada polo Congreso Ornitolóxico Internacional.
Especies
Na acualidade recoñécense no xénero as seguintes seis especies:[1][11]
- Gaivota de ollos brancos (Ichthyaetus leucophthalmus) (Temminck, 1825)
- Gaivota fulixinosa (Ichthyaetus hemprichii) (Bruch, 1853)
- Gaivotón de cabeza negra (Ichthyaetus ichthyaetus) (Pallas, 1773)
- Gaivota de Audouin (Ichthyaetus audouinii) (Payraudeau, 1826)
- Gaivota de cabeza negra (Ichthyaetus melanocephalus) (Temminck, 1820)
- Ichthyaetus relictus (Lonnberg, 1931)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
