Igrexa particular

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Unha Igrexa particular é, no dereito canónico católico, unha comunidade eclesiástica encabezada por un bispo, ou por outra persoa recoñecida canonicamente como o seu equivalente.

Clasificación

Existen dous tipos de Igrexas particulares:

  1. Igrexas particulares locais, como as dioceses (a forma máis común deste tipo de igrexa particular) ou as abadías territoriais, as vigairías apostólicas ou as prefecturas apostólicas.[1]
  2. Igrexas particulares autónomas, tamén coñecidas como "Igrexas sui iuris". Son os conxuntos de igrexas particulares locais que comparten unha tradición litúrxica, teolóxica e canónica específica e común. A miúdo son chamadas "igrexas ou ritos particulares".[2] A maior destas Igrexas é a Igrexa católica latina, e coñécese colectivamente ás outras como igrexas católicas orientais. As maiores delas están dirixidas por un bispo que ten o título de patriarca ou arcebispo maior.
Remove ads

Igrexas particulares autónomas

Existen 23 Igrexas autónomas, unha occidental e 22 orientais, unha distinción máis histórica que xeográfica. O termo sui iuris significa que teñen as súas propias leis. Malia manter as mesmas crenzas e a mesma fe, diferéncianse nas súas tradicións, na súa disciplina e no seu dereito canónico. As 23 están en comuñón coa Santa Sé, en Roma.

Para este tipo de igrexa particular, o Código de Dereito Canónico de 1983 empresa a expresión de "Igrexa ritual autónoma" (en latín, Ecclesia ritualis sui iuris). O Código dos Canons das Igrexas Orientais abrevia esta frase a "Igrexa autónoma" (en latín, Ecclesia sui iuris).

Lista das igrexas particulares autónomas

A continuación amósase unha lista das igrexas particulares autónomas. No caso das columnas de Primado e Titular amósase o máis alto xerarca de cada igrexa. No caso do Papa, cómpre sinalar que non só exerce os deberes papais respecto á Igrexa universal, senón que tamén exerce os deberes patriarcais respecto á Igrexa latina e respecto a algunhas igrexas particulares con rango menor que o de arcebispal maior. Os datos numéricos de fieis correspóndense cos do Annuario Pontificio de 2013, agás se especifique outro ano.

Máis información Fieis, Tradición ...
Remove ads

Igrexas particulares locais

Cada diocese (termo latino) ou eparquía (termo oriental) é tamén unha igrexa particular, unha igrexa local, aínda que non ten a autonomía das anteriores. O CIC de 1983, que trata tan só da Igrexa latina e, por tanto, dunha soa "igrexa particular autónoma", emprega o termo de "igrexa particular" no sentido de "igrexa local".

A forma común destas igrexas locais, cada unha encabezada por un bispo, chámase "diocese" na Igrexa latina e "eparquía" en cada unha das igrexas orientais". A finais de 2011, o número total destas era de 2.834.[3]

Significación teolóxica

A diferenza doutras "familias" ou "federacións" de Igrexas formadas mediante o recoñecemento mutuo de diferentes grupos eclesiásticos, a Igrexa católica considérase unha única Igrexa ("un Corpo") composto de moitas Igrexas particulares. Cada unha destas igrexas particulares non é considerada como unha sección ou división, senón que teolóxicamente considérase a propia Igrexa católica, na súa totalidade, nun territorio ou comunidade particular: "nas que e en base as que constitúese a Igrexa católica unha e única".[4]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads