Ildefons Cerdà
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ildefons Cerdà i Sunyer, nado en Centelles (Barcelona) o 23 de decembro de 1815 e finado en Las Caldas del Besaya (Cantabria) o 21 de agosto de 1876, foi un enxeñeiro, urbanista, xurista, economista e político español.
Home polifacético, escribiu a Teoría xeral da urbanización, obra pioneira da especialidade, pola cal considéraselle un dos fundadores do urbanismo moderno. O seu proxecto máis importante foi a reforma urbanística da Barcelona do século XIX mediante o Plan Cerdà, co que creou o actual barrio do Eixample.[1] Cerdà non foi un triunfador; concentrado meticulosamente no seu traballo, tivo problemas familiares, o seu proxecto do ensanche nunca foi ben visto polos estamentos locais e acabou arruinado, pois o Estado español e o Concello de Barcelona non lle pagaban os honorarios que lle debían. Houbo de pasar un século para que se recoñecese o seu legado.
Remove ads
Principais obras

- 1859 – Teoría de la construcción de las ciudades, vol. 1. Barcelona, 1859. Reeditado en 1991 polo Ministerio para as Administracións Públicas, Concello de Barcelona e Concello de Madrid. ISBN 84-7088-583-9.
- 1861 – Teoría de la construcción de las ciudades, vol. 2. Madrid, 1861. Reeditado en 1991 polo Ministerio para as Administracións Públicas, Concello de Barcelona e Concello de Madrid. ISBN 84-7088-586-3.
- 1863 – Teoría del enlace del movimiento de las vías marítimas y terrestres.
- 1867 – Teoría general de la urbanización y aplicación de sus principios y doctrinas a la reforma y ensanche de Barcelona. Madrid: Imprenta Española, 1867. Reeditado polo Instituto de Estudios Fiscales, 1968-1971.
- 1867 – Monografía estadística de la clase obrera en Barcelona, en 1856: Espécimen de una estadística funcional de la vida urbana, con aplicación concreta a dicha clase. Publicado cun apéndice de la Teoría general de la urbanización.[2]
- ? – Teoría general de la rurización.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads