Clotilde Bosch i Carbonell

pintora española From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Clotilde Bosch i Carbonell, nada en Barcelona en 1829 e finada no Pará (O Brasil) o 15 de abril de 1902,[1][2] foi unha pintora catalá do século XIX. Estivo casada co enxeñeiro Ildefons Cerdà e foi a nai da arpista Esmeralda Cervantes, nome artístico de Clotilde Cerdà i Bosch. Porén, segundo o historiador independente Fernando Alcolea Albero, a arpista non era filla de Cerdà, aínda que este a recoñeceu e lle deu o seu apelido.[3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Era filla do indiano Josep Bosch i Mustich, quen fixo fortuna como industrial do algodón en Cuba. Ao seu regreso a Cataluña foi director do Ferrocarril de Barcelona a Mataró, banqueiro e membro da Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi.[4]

Os irmáns da pintora, Josep e Rafael, foron deputados en Madrid en 1881 e 1886, respectivamente. Josep foi deputado por Tarragona, mentres que Rafael foino por Porto Rico.[5][6]

Casou o 20 de xuño de 1848, aos 19 anos, co enxeñeiro Ildefons Cerdà i Sunyer, autor da reforma do Eixample de Barcelona.[7] Tiveron catro fillas: Pepita (1849), Rosita (1850), Sol (1851) e Clotilde (1862), quen foi unha coñecida arpista.[8] Porén, o matrimonio entre Clotilde e Ildefons non funcionou ben. De feito, a súa filla Clotilde puido ser froito dunha relación adúltera da súa muller, polo que Cerdà excluíuna do testamento. En 1862 o matrimonio rompeuse tralo nacemento desta e en 1864 Clotilde marchou a Madrid.

Cerdà non estaba de acordo en que a pequena Clotilde recibise unha educación artística. A súa nai levouna a Roma, onde contou co apoio de pintores españois instalados, como Eduardo Rosales, Marià Fortuny, Lorenzo Vallés ou Alejo Vera.[3] Foi formada polo pintor napolitano Michele Cammarano, quen viviu en Roma entre 1865 e 1866. Durante a súa estadía en Italia pintou a obra "Llac Castelgandolfo" (ou "Llac Albano"), que presentou na Exposición Nacional de 1866.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads