Illa Sentinela do Norte

From Wikipedia, the free encyclopedia

Illa Sentinela do Nortemap
Remove ads

A illa Sentinela do Norte (en inglés: North Sentinel Island) é unha das illas Andaman da Baía de Bengala. Ó norte da illa atópase Andaman do Sur.[1] A meirande parte da illa é bosque.[2] É pequena, arredada dos principais asentamentos da Gran Andaman, arrodeada por arrecifes de corais, e carece de portos naturais.

Datos rápidos Localización, Poboación ...

Un grupo de indíxenas, os sentineleses, viven nesta illa. Estímase que a súa poboación está entre os 50 e os 400 individuos.[1] Os sentineleses rexeitan calquera contacto con outra xente, e están entre últimos pobos illados que non foron contactados pola civilización moderna.[3] A poboación enfróntase a ameazas potenciais como o contaxio de enfermidades infecciosas ás cales non teñen inmunidade, así como á violencia de intrusos. O goberno indio declarou a illa enteira, que ten o tamaño de Manhattan, e as augas que a rodean, como zona de exclusión.[4]

En novembro de 2018 foi asasinado un misioneiro estadounidense que se dirixía á illa coa intención de predicar o cristianismo entre os nativos.[5]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads