Injun 4
Satélite artificial científico dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Injun 4, tamén coñecido coa denominación Explorer 25, foi un satélite artificial da USAF xestionado pola Universidade de Iowa lanzado o 21 de novembro de 1964 mediante un foguete Scout X4 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea xunto co satélite Explorer 24.[2][5][6]
Remove ads
Características
Injun 4 foi o cuarto satélite da serie Injun, deseñado, construído e xestionado pola Universidade de Iowa para a USAF, e lanzado tamén baixo o programa Explorer. A súa misión principal foi medir o fluxo de partículas enerxéticas na atmosfera terrestre e estudar o quecemento atmosférico e o seu aumento coa altura; ademais tamén fixo medicións da radiación tanto natural como artificial atrapada nos cintos de radiación. Injun 4 estaba deseñado para aliñarse magneticamente co campo magnético terrestre. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e baterías e levaba a bordo unha grabadora de cinta e conversores de analóxico a dixital. Para transmitir datos en tempo real usaba un transmisor de amplitude modulada a 136,29 MHz, mentres que para transmitir datos da cinta usaba un transmisor de modulación por pulsos a 136,86 MHz. Injun 4 funcionou ata decembro de 1966.[2][5][6]
Remove ads
Instrumentos
Injun 4 levaba os seguintes instrumentos a bordo:[5]
- Analizador esférico de potencial retardado.
- Contador Geiger-Mueller.
- Detector de estado sólido.
- Detectores de sulfuro de cadmio.
- Detectores de partículas de plástico de centelleo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads