Inti

deus inca do Sol From Wikipedia, the free encyclopedia

Inti
Remove ads

Inti é un antigo deus solar da mitoloxía inca. É adorado como o patrón nacional do estado inca. Malia que é considerado por moitos como o deus Sol, é máis exacto consideralo como un conxunto de aspectos relacionados co Sol, xa que os incas dividían a súa identidade segundo as súas diferentes fases.[1] Adorado como deus patrón do Imperio Inca,[2] Pachacuti é considerado como a orixe da expansión do culto do Sol inca.[3][4] A historia máis común arredor del di que é fillo de Viracocha, o deus da civilización.[5]

Thumb
Inti na bandeira do Perú, deseñada por José Bernardo de Tagle, 1822.
Thumb
Bandeira da Arxentina con Inti.

De acordo co lingüista Rodolfo Cerrón-Palomino, a verba inti non é de orixe quechua senón que é un préstamo da extinta lingua puquina.[6] A teoría do préstamo puquina explica porqué linguas non relacionadas xeneticamente como o quechua, o aimará e o mapuche teñen palabras semellantes para nomear o Sol.[6][7]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads