Invasina

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

As invasinas son un tipo de proteínas asociadas coa penetración das bacterias nas células hóspede.[1] As invasinas desempeñan un papel na promoción da entrada da bacteria na célula durante a fase inicial da infección.[2][3]

Moitas bacterias entéricas como Yersinia, Listeria, Salmonella e Shigella, utilizan as súas invasinas para entrar nas células M das placas de Peyer do tracto intestinal, e desde alí aos tecidos subxacentes. No caso de Yersinia, a súa invasina únese a un conxunto de receptores de integrina beta1 localizados na membrana apical das células M de forma moi específica e efectiva. Estas moléculas poderían utilizarse terapeuticamente para o envío de moléculas ao interior das células, como xenes terapéuticos e vacinas baseadas en xenes.[4] En Chlamydia pneumoniae identificouse unha proteína invasina chamada Pmp21, que se une ao receptor de EGF para facilitar a entrada da bacteria na célula.[5]

Obtívose a estrutura cristalina da invasina de Yersinia pseudotuberculosis, que mostra algunhas semellanzas con dominios da fibronectina que serven para unirse a integrinas, aínda que as dúas proteínas non están emparentadas.[6]

A proteína está codificada no locus inv de Yersinia pseudotuberculosis. Se engadimos ese locus a unha cepa de Escherichia coli esta poderá penetrar en células Hep-2 en cultivo.[2] En Yersinia enterocolitica a expresión de inv está influída pola fase de crecemento e a temperatura, chegando a un máximo durante a fase tardía expoñencial-estacionaria inicial a 23 °C.[7]

En 2007, identificouse unha invasina fúnxica denominada Als3, que permite a Candida albicans infectar as células hóspede, polo que estas proteínas non son exclusivas das bacterias.[8]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads