Invaxinación

From Wikipedia, the free encyclopedia

Invaxinación
Remove ads

A invaxinación[1] é o proceso do dobramento dunha superficie sobre si mesma cara ao interior para formar unha cavidade, bolsa, vesícula ou tubo. En embrioloxía, a invaxinación é o mecanismo que ten lugar durante a gastrulación. Este mecanismo ou movemento celular ocorre principalmente no polo vexetativo. A invaxinación consiste no dobramento dunha área da capa exterior de células cara ao interior da blástula. En cada organismo a complexidade é diferente dependendo do número de células. A invaxinación pode considerarse un dos pasos para o establecemento do plan corporal.[2][3] O termo orixinalmente utilizouse moito en embrioloxía, pero foi adoptado por outras disciplinas (ver os usos do termo máis abaixo).

Thumb
Mecanismo da invaxinación

Cando o dobramento se produce cara ao exterior, adoita denominarse evaxinación.[4] Por evaxinación unha célula pode liberar vesículas no exterior.

Remove ads

Usos do termo en bioloxía

  • Invaxinación é o proceso morfoxenético polo cal toma forma un embrión e a fase inicial da gastrulación,[5] que é a reorganización masiva do embrión desde unha simple bóla esférica de células, a blástula, a un organismo constituído por varias capas de células, diferenciado en capas xerminais: endoderma, mesoderma e ectoderma. Invaxinacións máis localizadas poden ter lugar máis tarde durante o desenvolvemento embrionario.
  • A invaxinación da membrana plasmática ocorre durante a endocitose, orixinando unha vesícula dentro da célula ao pecharse e fusionarse a membrana da invaxinación. Outras veces estes entrantes invaxinados poden orixinar estruturas tubuliformes, como as observadas no sarcolema das células musculares.
  • Tamén son frecuentes as invaxinacións en orgánulos membranosos. Por exemplo, a membrana interna da mitocondria invaxínase cara á matriz mitocondrial para formar cristas, que proporcionan unha área superficial moito maior para acomodar os complexos proteicos e outras partículas que interveñen na cadea de transporte de electróns respiratoria e na formación de adenosín trifosfato (ATP).[6]
  • En medicina utilízase invaxinación para falar do pregamento de órganos formando entrantes ou cavidades. A invaxinación dunha parte do intestino noutra parte denomínase invaxinación intestinal ou intususcepción.[7]
  • A invaxinación ou evaxinación de certos órganos ten un uso frecuente en zooloxía. Por exemplo a probóscide invaxinable dos acantocéfalos.
Remove ads

Exemplos de invaxinación en embrioloxía

Hai máis dun tipo de movemento de invaxinación. Dous tipos comúns son a axial e a ortogonal. A axial pode formarse nun só punto ao longo do eixe dunha superficie. A ortogonal é linear e como unha depresión.[8]

Amphioxus

Thumb
Proceso de invaxinación en Amphioxus.

A invaxinación en Amphioxus é o primeiro movemento de células da gastrulación. Este proceso foi descrito primeiramente por Conklin. Durante a gastrulación, a blástula transfórmase por mor da invaxinación. O endoderma prégase cara á parte interna e así o blastocele vaise transformando nunha especie de estrutura con forma de copa con dobre parede. A parede interna denomínase arquénteron[9] ou intestino primitivo. O arquénteron ábrese despois ao exterior por medio dun blastóporo. A parede externa transformarase no ectoderma e posteriormente formará a epiderme e a crista neural.[10]

Tunicados

En tunicados a invaxinación é o primeiro mecanismo que ten lugar durante a gastrulación. As catro células máis grandes do endoderma son as que inducen o proceso de invaxinación en tunicados. A invaxinación consiste nos movementos internos dunha capa de células (o endoderma) baseados en cambios na súa forma. A blástula dos tunicados é un pouco aplanada no polo vexetal experimentando un cambio de forma desde columnar a cuneiforme. Unha vez que as células do endoderma se invaxinaron, as células seguen movéndose baixo o ectoderma. Posteriormente, fórmase o blastóporo e con isto complétase o proceso da invaxinación. O blastóporo quedará rodeado polo mesoderma por todos os seus lados.[2]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads