Iria Flavia, Padrón
parroquia civil do concello de Padrón From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa María de Iria Flavia é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.996 habitantes (947 homes e 1.049 mulleres) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.356 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Iria Flavia.
Remove ads
Historia
- Artigo principal: Diocese de Iria.
Situada na confluencia dos ríos Sar e Ulla, Iria foi unha cidade portuaria, poboación principal da tribo celta Capori. Os romanos nomearon o porto como Iria Flavia para eloxiar ao emperador romano Vespasiano, primoxénito da dinastía Flavia.
Non máis tarde do ano 561, quizais a partir do 400, Iria foi a sé dun bispado, tamén coñecido en latín como Locus Sancti Iacobi ('lugar de Santiago'), que se converteu en sufragáneo do metropolitano da Arquidiocese de Braga e, máis tarde, compartiu a súa sé con Compostela, que se converteu no principal destino de peregrinación de Iberia (rivalizando con Roma e Xerusalén) ao ser completamente trasladado alí en 1095.
Remove ads
Iria Flavia na literatura e na cultura popular

Iria Flavia coñécese popularmente co nome de Adina.[2] Rosalía de Castro referiuse nos seus versos ó cemiterio anexo:
- O cemiterio da Adina
- n'hai duda que é encantador
- cos seus olivos escuros
- de vellas recordazóns.
Ou
- Ceboleiras que is e vindes
- de Adina polos camiños
- á veira do camposanto
- pasái leve e paseniño.
e foi enterrada no mesmo á súa morte en 1885, onde permaneceu ata que en 1891 os seus restos foron trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago.

Na literatura popular galega
- Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio.
- Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio.[2]
Remove ads
Galería de imaxes
- Tímpano da igrexa Santa María de Iria Flavia.
- Casa en Iria Flavia.
Lugares e parroquias
Lugares de Iria Flavia
Lugares da parroquia de Iria Flavia no concello de Padrón (A Coruña) | |
---|---|
A Aduana | Anteportas | Arretén | O Barco | A Calzada | Cambelas | O Couto | A Horta | Iria Flavia | Lestido | Luáns | A Matanza | O Montiño | O Muelle | O Paraíso | Pazos de Iria | Pedreda | O Piñeiro | O Pombal de Abaixo | O Pombal de Arriba | A Ponte | Porta dos Mariños | A Pousa | Quintáns | Romarís | O Roucón | A Rúa | O Rueiro | O Souto | Vista Alegre |
Parroquias de Padrón
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón | |
---|---|
Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago) |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads