Isabel Risco

actriz galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Isabel Risco
Remove ads

Isabel Martínez-Risco Valdivieso, máis coñecida como Isabel Risco,[1] nada na Coruña o 7 de abril de 1975,[2] é unha actriz e humorista galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu na Coruña, no seo dunha familia moi vencellada á cultura e ao nacionalismo galego.[3] Seu avó foi o xuíz e escritor Sebastián Martínez-Risco, e entre os seus parentes encóntranse entre outros Manuel Martínez-Risco, Vicente Risco e Marcelo Macías.[3] Estudou en escolas públicas da Coruña e tras rematar COU estudou Dereito na Universidade da Coruña, seguindo os pasos de seu avó e seu pai, o avogado Sebastián. Involucrada nos movementos estudantís,[4] militou no BNG dende os 18 anos,[3] ao tempo que cantaba no grupo de música Histerio Glauna Rabudo Bando e que xogaba ao rugby, deporte que practicou durante 11 anos nas filas do Zalaeta, co que participou na Liga Galega.[5]

Non chegou a acabar a rematar a carreira de Dereito, decantándose en vez diso pola súa verdadeira vocación, a interpretación, despois de se ter iniciado no teatro universitario en 1997. En 2005 graduouse en Pedagoxía Teatral, titulación propia da UDC da que só saíron dúas promocións de alumnos.[4] Formou parte da primeira compañía de pallasos de Galicia (Os sete magníficos máis un), participou en curtametraxes e en 2006 tivo o seu primeiro traballo na televisión, como reporteira do programa da Televisión de Galicia En pé de festa, presentado por María Solar.[4] A continuación participou tamén nos programas Zapping Comando, Pillados, Máxima audiencia.

Acadou fama entre o público galego cos seus traballos en Air Galicia e na serie A vida por diante, converténdose nos seguintes anos nun rostro habitual nas producións da televisión pública galega, case sempre en papeis cómicos. Participou nos programas O show dos Tonechos. Land Rober, Tourilandia, Ata a cociña, e nas series Padre Casares, O Nordés, Caseiros, Augas Quentes, Casa Manola entre outras. Polo seu papel de na serie Era visto! foi galardoada co Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria.[6]

Actuou tamén en cine, nos filmes Onde está a felicidade?, Os mortos van á présa e 9 ondas. Ademais traballou como presentadora de galas, contadora de contos e na radio. Como humorista e monologuista, percorreu Galicia cos espectáculos Nabiza Girl e Bravas. A nosa historia con saias e a rachar.[7]

O personaxe de Nabiza Girl foi levado ao cómic co título "As aventuras de Nabiza Girl, operación Breogán" (2023), con guión da propia Risco xunto con Carlos Ares, e ilustrado por Manel Cráneo.[8]

Remove ads

Política

Thumb
Actuando con Marián Bañobre na gala de entrega dos Premios María Casares no 2014.

Militante do Bloque Nacionalista Galego, presentouse nas listas deste partido ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.[9]

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo
Máis información Ano, Categoría ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads