Isabelle Eberhardt

From Wikipedia, the free encyclopedia

Isabelle Eberhardt
Remove ads

Isabelle Eberhardt, nada en Xenebra o 17 de febreiro de 1877 e finada en Aïn Séfra (Alxeria) o 21 de outubro de 1904, foi unha exploradora e escritora suíza que viviu e viaxou polo Norte de África. Para a súa época, foi unha persoa libre que rexeitaba a moral europea, que seguía o seu propio camiño no islam e que escribiu varios libros das súas viaxes por África.[1] Morreu nunha inundación repentina no deserto á idade de 27 anos.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Antecedentes e viaxe a África

Eberhardt naceu en Xenebra (Suíza), filla de Nathalie Moerder (de solteira Eberhardt, que era filla ilexítima dun alemán luterano e unha xudía rusa de clase media[3][4]) e do seu amante Alexandre Trophimowsky, un antigo sacerdote ortodoxo anarquista orixinario de Armenia.[5] A nai de Isabelle, Nathalie, estivo casada co senador Pavel Karlovitch de Moerder, corenta anos máis vella ca ela, quen mantiña conexións co imperio.[6] De Moerder contratou a Trophimowsky como titor dos seus fillos Nicolas, Nathalie e Vladimir.[7] Arredor de 1871, Nathalie colleu os seus fillos e abandonou o seu marido por Trophimowsky, que deixara a súa propia esposa e familia.[8][9] Marcharon a Rusia, Turquía e Italia antes de establecerse en Xenebra.[10] Nathalie deu a luz outra vez pouco despois de chegar a Xenebra o medio irmán de Isabelle, Augustin, e catro meses máis tarde chegoulle a noticia de que o seu esposo morrera dun ataque ao corazón.[11] Nathalie decidiu quedar en Suíza e catro anos despois naceu Isabelle e foi rexistrada como filla "ilexítima" para evitar recoñecer a paternidade do titor.

A pesar diso, Isabelle foi educada adecuadamente.[11][12] Falaba fluídamente en francés, ruso, alemán e italiano.[6] Aprendeu latín e grego e estudou árabe clásico, ademais de ler o Corán co seu pai; grazas a todo iso volveuse fluída en árabe.[1][13] Desde moi temperá idade prefería vestirse como un home para gozar a liberdade que isto lle permitía.[14][15]

En 1888 o seu medio irmán Augustin foi á Lexión Estranxeira Francesa e foi asignado a Alxeria.[16] Isto espertou o interese de Isabelle por Oriente e comezou a aprender árabe. A súa primeira viaxe ao norte de África foi coa súa nai en maio de 1897. Aínda que planeaban reunirse con Augustin, tamén estaban a considerar comezar unha nova vida alí[17] e converterse ao islam, cumprindo así un antigo soño. Con todo, a súa nai morreu repentinamente en Annaba e foi enterrada alí baixo o nome de Fatma Mannoubia.[18]

Trophimowsky, o pai de Isabelle, morreu en Xenebra en 1899[11] de cancro de gorxa coidado por Isabelle,[19] e isto seguira ao suicidio do seu medio irmán Vladimir un ano antes, e o matrimonio de Augustin cunha muller francesa coa que Isabelle non tiña nada en común (ela escribiu: «Augustin está dunha vez por todas dirixido nos camiños trillados da vida»), polo que se cortaron todos os vínculos da súa vida anterior.[20] De aquí en diante, como describiu nos seus diarios, Isabelle Eberhardt pasou o resto da súa vida en África, explorando o deserto e facendo do norte de Alxeria o seu novo fogar.[6]

Viaxes espirituais

Thumb
Eberhardt fotografiada por Louis David con roupa árabe[21]

Vestida como home e facéndose chamar Si Mahmoud Essadi, Eberhardt mergullouse na cultura árabe cunha liberdade que doutro xeito non coñecería. Converteuse ao islam, o que considerou o seu verdadeiro obxectivo na vida.[22][23]

Nas súas viaxes fixo contacto cunha orde sufí, a Qadiriyyah, quen estaban dedicados a axudar os pobres e necesitados ao mesmo tempo que loitaban contra as inxustizas do réxime colonial. A principios de 1901, foi atacada en Behima por un home cun sabre, nun aparente intento de asasinala, deixándoa case sen un brazo. Máis tarde perdoou o home e salvouno de ser executado. Casou con Slimane Ehnni, un soldado alxeriano, en Marsella o 17 de outubro de 1901.[24]

O 21 de outubro de 1904, Eberhardt morreu nunha inundación en Aïn Séfra (Alxeria).[25] Ao reunirse co seu marido despois de estar separada un longo tempo, alugou unha casa para a ocasión. A casa, construída de arxila, derrubouse sobre a parella durante a inundación; o seu marido foi arrastrado, mais sobreviviu.[1] Foi enterrada de acordo aos ritos islámicos en Aïn Séfra. Na súa tumba en mármore aparecen gravados o nome árabe que adoptou e o seu nome orixinal francés.[26][27] Slimane Ehnni morreu en 1907.

Remove ads

Obras

Eberhardt escribiu sobre as súas viaxes en moitos libros e xornais franceses. Traballou como reporteira de guerra no sur de Orán en 1903.

  • "Dans l'ombre chaude de l'Islam" (París: Fasquelle, 1906)
  • "Notes de route: Maroc-Algérie-Tunisie" (París: Fasquelle, 1908)
  • "Au Pays des sables" (Bône, Alxeria: Em. Thomas, 1914)
  • "Pages d'Islam" (París: Fasquelle, 1920)
  • Trimardeur (París: Fasquelle, 1922)
  • "Mes journaliers; précédés de la Vie tragique de la bonne nomade par René-Louis Doyon" (París: La Connaissance, 1923)
  • "Amara le forçat; L'anarchiste: Nouvelles inédites" (Abbeville: Frédéric Paillard, 1923)
  • "Contes et paysages" (París: La Connaissance, 1925)
  • "Yasmina et autres nouvelles algériennes" (París: Liana Levi, 1986)
  • "Ecrits sur le sable" (París: Éditions Grasset, 1988)
  • "Rakhil: Roman inédit" (París: La Boîte à documents, 1990)
  • "Un voyage oriental: Sud Oranais" (París: Le Livre de Poche, 1991)
  • "Amours nomades" (París: Éditions Gallimard, 2003)
Remove ads
  • Eberhardt foi interpretada por Mathilda May no filme de 1991 Isabelle Eberhardt, que coprotagonizou Peter O'Toole como un oficial colonial francés.[28] Leslie Thornton dirixiu unha biografía en 1988, There Was An Unseen Cloud Moving, con sete actrices non profesionais interpretando a Eberhardt.
  • O 24 de febreiro de 2012, estreouse na cidade de Nova York unha ópera composta por Missy Mazzoli, Song from the Uproar: The Lives and Deaths of Isabelle Eberhardt.[29]
  • Isabelle Eberhardt é mencionada nunha canción de Jolie Holland "Old Fashioned Morphine", que apareceu no seu segundo álbum, Escondida.
  • Timberlake Wertenbaker escribiu a obra de teatro New Anatomies sobre Isabelle Eberhardt.[30]
  • Visions Of Isabelle[31] por William Bayer é un relato de ficción sobre a vida de Isabelle Eberhardt.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads