Isamu Akasaki

enxeñeiro xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia

Isamu Akasaki
Remove ads

Isamu Akasaki (en xaponés: 赤崎 勇), nado o 30 de xaneiro de 1929, e finado o 1 de abril de 2021, foi un enxeñeiro e físico xaponés, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 2014, especializado no eido dos semicondutores, coñecido pola invención dos LED azuis mediante unha xunción P–N de nitruro de galio (GaN) en 1989.[1][2][3][4]

Remove ads

Por este e outros éxitos, Akasaki foi galardoado con moitos premios de gran prestixio, tales como o Premio Kyoto de Tecnoloxía Avanzada en 2009,[5] e a Medalla Edison IEEE en 2011.[6] Tamén foi galardoado co premio Nobel de Física de 2014, xunto con Hiroshi Amano e Shuji Nakamura,[7] "pola invención de díodos emisores de luz azul eficientes, que permitiron o desenvolvemento de fontes de luz azul enerxeticamente eficientes". En 2021, Akasaki, foi galardoado co Premio Raíña Isabel de Enxeñaría "pola creación e desenvolvemento de iluminación LED, constituentes da base de toda a tecnoloxía de iluminación de estado sólido".[8]

Remove ads

Notas

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads