Ismael Ramos
escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ismael Ramos Castelo, nado na Picota (Mazaricos) o 8 de abril de 1994, é un poeta, escritor e profesor galego.
Remove ads
Traxectoria
En decembro do 2012, recibiu o primeiro premio do Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero, organizado pola USC.[1]
É autor da plaquette Hábitat/Interferencias[2] (XVI Premio Francisco Añón, 2013), do diálogo A ferida (2013, con María do Cebreiro), do libro de contos A parte fácil (Xerais, 2023) e de tres poemarios: Os fillos da fame (XVIII Premio de poesía Johán Carballeira,[3] 2016), Lumes (2017) e Lixeiro (2021).
Os seus poemas foron traducidos ao español, inglés, italiano, finés, húngaro, francés e portugués e participou en encontros e festivais nacionais e internacionais. Na rede, mantivo os blogs Interferencias[4] e O triste Stephen.[5]
Fixo parte do consello de redacción da revista Dorna entre 2015 e 2022.
En 2020 gañou o Premio Javier Morote, outorgado por CEGAL á mellor obra publicada por un autor novo, coa tradución ao castelán de Lumes.
Dende 2020 é profesor de Lingua Castelá e Literatura no ensino público[6] e, dende agosto do 2021, escribe artigos de opinión no xornal en liña eldiario.es.[7]
En outubro de 2022, foi recoñecido co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deportes.
Remove ads
Obra
Poesía
- Hábitat/Interferencias (Concello de Outes, 2013, edición non venal). Plaquette.
- Os fillos da fame (2016). Xerais.
- Lumes (2017). Apiario.[8][9]
- Lixeiro (2021). Xerais. 60 páxs. ISBN 978-84-9121-893-7. ePub: ISBN 978-84-9121-897-5.[10][11][12]
Narrativa
- A parte fácil (2023). Vigo: Xerais. 208 páxs. ISBN 978-84-1110-257-5. Relatos.[13][14]
Traducións ao castelán
- Fuegos (2019). Madrid: La Bella Varsovia.
- Ligero (2021). Madrid: La Bella Varsovia.
- La parte fácil (2023). Barcelona: Las afueras.
Traducións ao portugués
- Fogos (2022). Coímbra: Do lado esquerdo.
Obras colectivas

- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión (Editorial Bubela, 2013). Poesía.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (Biblos Clube de Lectores, 2015). Poesía.
- No seu despregar (Apiario, 2016). Poesía.
- 13. Antoloxía da poesía galega próxima (ed. bilingüe, Chan da Pólvora / papeles mínimos, 2017). Poesía.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2018, 15ª edición). Poesía.
- Piel fina. Joven poesía española (Ediciones Maremagnum, 2019). Poesía.
Remove ads
Premios
- XVI Premio Francisco Añón (2012).
- Premio Xuventude Crea de poesía (2014).
- XVIII Premio de poesía Johán Carballeira (2015).
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2016 por Os fillos da fame (2017).
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2017 por Lumes (2018).
- Premio Fervenzas Literarias ao Autor do ano 2017 (2018).
- Premio ao mellor libro editado en 2017 na Gala do Libro Galego por Lumes (2018).
- Premio Javier Morote 2020 pola tradución do seu libro Lumes (2017), Fuegos (2019).[15]
- Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey 2022 polo artigo de opinión “Mentres tanto, dáme a man”.[16][17]
- Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2022 por Lixeiro.[18][19]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads