Outes

concello da comarca de Noia, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Outesmap
Remove ads

Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2021 tiña 6.150 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O xentilicio é «outés» ou «outense».[1]

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Xeografía

Outes ten unha superficie de 99,74 km², e abrangue 11 parroquias. Limita ao norte con Mazaricos e Negreira, ao sur co río Tambre (e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia), ao leste con Noia e ao oeste con Muros. A capital municipal está na Serra de Outes.

Ten unha elevada altitude media, con cinco cumios que roldan os 500 metros de altitude, sendo o monte Tremuzo o punto máis alto.

Outes conta cun clima oceánico húmido debido á proximidade do océano Atlántico. As precipitacións son maiores durante os meses de novembro a marzo, pero no verán soben as temperaturas e as choivas son escasas debido á presenza case constante do anticiclón dos Azores.

Remove ads

Historia

O territorio de Outes foi habitado desde tempos remotos, como testemuñan os restos de megálitos, petróglifos e poboados castrexos. Trala romanización de Galicia e a chegada dos suevos, na Idade Media a zona sufriu ataques de viquingos e piratas musulmáns. O arcebispo Diego Xelmírez equipou unha frota para combatelos.[2]

Economía

Na economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandería e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandería, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme.

O sector secundario tamén ten certo peso, destacando catro sectores na produción industrial: serradoiros, estaleiros, formigón e construción.

Demografía

A cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7 % cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.

Máis información Censo total 2014, 6.804 habitantes ...
Evolución da poboación de Outes   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9.160 10.025 11.303 10.128 8.050 7425 7243 7.192 7.010 6804 6691 6606 6514 6412 6282 6155 6150
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Cultura

O poeta Francisco Añón, un dos precursores do Rexurdimento galego, era da aldea de Boel.[3] Entre outras actividades, o concello organiza anualmente o Certame de poesía Francisco Añón.[4] A súa irmá foi Nicolasa Añón, e hai uns anos[cando?] atopáronse uns manuscritos con poemas da súa obra e a Asociación Cultural Terra de Outes publicou un libro profundando na súa historia.[5]

No 1905 nace Arximiro Suárez, un destacado mestre e pintor da comarca.

O sombreiro de labranza sancosmeiro, orixinario da parroquia de Santo Ourente de Entíns, é un símbolo de identidade do municipio.[6] Durante moitos anos o maior galardón entregado polo concello era o Sancosmeiro de Ouro, un certame anual que escollía o premiado no pleno municipal.[7]

Festas grandes das parroquias
Máis información Parroquia, Onomástica ...
Festas do concello
Máis información Nome da festa, Tipo ...

[8]

Remove ads

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Outes.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Outes

Cando (San Tirso) | Entíns (Santa María) | O Freixo de Sabardes (San Xoán) | Matasueiro (San Lourenzo) | Outes (San Pedro) | Roo (San Xoán) | San Cosme de Outeiro (San Cosme) | Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente) | Tarás (San Xián) | Valadares (San Miguel)

Lugares de Outes

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outes vexa: Lugares de Outes.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads