Iván Marcos
actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Iván Marcos, nado en 1980, é un actor galego. É recoñecido polo seu traballo en televisión para series como Fariña (2018), 45 revoluciones (2019) ou Jaguar (2021). En 2018 foi galardoado cun Mestre Mateo ao mellor actor principal na 16ª edición dos premios pola súa interpretación en Dhogs.
Remove ads
Traxectoria
Iván Marcos naceu en 1980 en Galicia, e formouse en interpretación na escola École Philippe Gaulier do Reino Unido.[1]
Obtivo o seu primeiro papel importante no ano 2011 coa serie Matalobos, emitida na TVG, onde interpretou a Méndez a partir da terceira tempada.[2] Máis adiante, participou no filme Todo é silencio (2012) de José Luis Cuerda e despois en Las altas presiones (2014) e Un trabajo inesperado (Un petit boulot, 2016) de Pascal Chaumeil.
En 2017 obtivo recoñecemento logo de protagonizar o filme Dhogs, dirixido por Andrés Goteira, papel co que gañou o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista.[3] Posteriormente, regresou á televisión, desta volta para participar na serie Fariña co papel de Braulio Montes, ademais de interpretar a Curro na serie orixinal de Netflix Las chicas del cable durante tres episodios, ambas en 2018.[4] Un ano despois foi o protagonista da serie 45 revoluciones, xunto a Carlos Cuevas e Guiomar Puerta, emitida en Antena 3.[5]
A comezos de 2020 foi un dos protagonistas do filme de terror Malasaña 32, co papel de Manolo, o pai dunha familia que se instala nun edificio onde ocorren fenómenos paranormais.[6] Ademais, tivo unha pequena participación na serie de Televisión Española Cuéntame cómo pasó.[7] Ese mesmo ano protagonizou xunto a Blanca Suárez a serie orixinal de Netflix Jaguar, co papel de Lucena, que se estreou mundialmente en setembro de 2021.[8] Antes da estrea da serie, en xuño de 2021, anunciouse a súa incorporación á serie de Atresmedia Heridas, adaptación da telenovela turca Anne.[9]
Remove ads
Filmografía
Cinema
Televisión
Remove ads
Galardóns e nomeamentos
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads