Dhogs

filme de 2017 dirixido por Andrés Goteira From Wikipedia, the free encyclopedia

Dhogs
Remove ads

Dhogs é un filme independente galego en lingua galega[1] dirixido polo meirense Andrés Goteira que se estreou no ano 2017. Trátase do primeiro filme do director,[2] e está protagonizado por Carlos Blanco, Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira, Melania Cruz, Iván Marcos e María Costas. Estreouse no Festival Internacional de Cinema Independente de Buenos Aires (BAFICI) o 19 de abril de 2017, competindo dentro da sección Vangarda e Xénero deste certame.[3] Trátase do primeiro filme rodado en galego que se estrea no festival de Sitges,[4] o 9 de outubro de 2017.[5] A nivel galego a estrea levouse a cabo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) o 21 de outubro de 2017.[6] O primeiro pase para o público (fóra dun festival), previo á estrea en salas comerciais proxectada para o 17 de maio de 2018, foi no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o 15 de marzo de 2018.[7][8]

Datos rápidos Autoría, Publicación ...
Remove ads

Sinopse

O filme conecta seis historias paralelas que xiran arredor de diferentes personaxes: unha muller fermosa, un home cunha vida escura, un taxista e un vello ex-militar.

Produción

O filme contou con financiamento de AGADIC e da Deputación de Lugo, pero tamén se conseguiu parte do orzamento do filme a través da plataforma Verkami,[9] con máis de 400 mecenas. Rodouse en varias localizacións de Galicia, como Viveiro, As Pontes, Oleiros e A Coruña, así como no deserto de Tabernas, en Almería.

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo 2017

Dhogs gañou trece premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión, mellor actor, mellor actriz, mellor actor secundario e mellor actriz secundaria, converténdose no filme máis premiado da historia dos premios.[10] Estaba nomeado a 17 premios en 14 categorías.

Máis información Categoría, Persoa ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads