Ivan Bunin

escritor ruso, ganador do premio Nobel de Literatura en 1933 From Wikipedia, the free encyclopedia

Ivan Bunin
Remove ads

Iván Alexéievich Bunin, en cirílico ruso Иван Алексеевич Бунин, nado en Voronezh o 22 de outubro de 1870 e finado en París o 8 de novembro de 1953, foi un escritor ruso. Gañou o Premio Puxquin de literatura.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Iván Alexéievich Bunin

Nado na Rusia Central, no seo dunha familia nobre, viviu ata os sete anos na propiedade que os seus pais posuían en Yelets. Educouse no fogar paterno baixo a disciplina dun titor, quen lle ensinou a ler e escribir utilizando unha tradución ao ruso de Don Quixote, cos contos e lendas de Gogol e co Robinson Crusoe.

Durante algún tempo estudou na Universidade de Moscova. Publicou os seus primeiros poemas en 1897 nunha revista literaria de San Petersburgo. A súa primeira colección de poemas, Listopad, apareceu en 1901 sendo calidamente acollida pola crítica. En 1903 recibiu o Premio Pushkin da Academia rusa polas súas traducións ao ruso das obras do poeta estadounidense Henry Wadsworth Longfellow, así como dos poetas ingleses Lord Byron e Alfred Tennyson.

Nos anos previos ao comezo da primeira guerra mundial adicouse a viaxar por Italia, Turquía, Palestina, Exipto, Grecia, Alxeria e Tunisia. Tras a revolución rusa de 1917, en 1919 emigrou a París, onde se estableceu, vivindo modestamente ata a súa morte acaecida en 1953.

Remove ads

Obra literaria

A súa poesía continúa a tradición clásica dos parnasianistas e, especialmente, de Aleksandr Pushkin. A partir de 1920, debido ao seu exilio, a súa poesía derivou cara a un lirismo máis acentuado. Cultivou tamén o conto e a novela, fiel ao realismo ruso do século XIX. Vladimir Nabokov encomiou a súa poesía, comparándoa coa de Alexander Blok, pero desprezou a súa prosa.

En 1933 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa arte, coa cal continuou as tradicións rusas clásicas na escritura da prosa. Na viaxe a través de Alemaña para aceptar o premio en Estocolmo, os nazis, aparentemente facendo un control de xoias, detivérono, coñecedores da forte oposición do autor ao réxime nazi.

Remove ads

Obras seleccionadas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads