J. J. Abrams

produtor de cine e televisión, escritor, director, actor e compositor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

J. J. Abrams
Remove ads

Jeffrey Jacob Abrams, nado en Nova York o 27 de xuño de 1966, é un produtor de cine e televisión, escritor, director, actor e compositor xudeu estadounidense, máis coñecido coma J. J. Abrams.

Thumb
J.J. Abrams.
Remove ads

Traxectoria

Criouse nos Ánxeles (California), onde estudou no Palisades Charter High School. Máis tarde asistiría a Sarah Lawrence College.[1]

Realizou o guión e produciu varias longametraxes antes de ser o cocreador da serie de televisión Felicity. Tamén creou Alias e cocreou Lost, pola que gañou dous Premios Emmy, Fringe e Undercovers. Abrams diririu os filmes Mission: Impossible III (2006), Star Trek (2009) e Star Trek Into Darkness (2013) e Super 8 (2011) e produciu os filmes Cloverfield (2008) e Morning Glory (2010). Tamén dirixiu, produciu e coescribiu o sétimo episodio da saga Star Wars e a primeira película da triloxía secuela, Star Wars: The Force Awakens (2015). A película é a súa película máis taquillera, así como a cuarta película máis taquillera de todos os tempos sen axustar a inflación. Volveu a Star Wars producindo executivamente The Last Jedi (2017), e dirixindo e coescribindo Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).[2]

Os colaboradores frecuentes de Abrams inclúen o produtor Bryan Burk, o produtor/director Tommy Gormley, os actores Greg Grunberg, Simon Pegg, Amanda Foreman, e Keri Russell, o compositor Michael Giacchino, os escritores Alex Kurtzman e Roberto Orci, os directores de fotografía Daniel Mindel e Larry Fong, e os editores Maryann Brandon e Mary Jo Markey.

Remove ads

Filmografía

Televisión

  • Felicity (1998–2002) (cocreador, guionista, produtor executivo, director, cocompositor do tema principal)
  • Alias (2001–2006) (creador, guionista, produtor executivo, director, compositor do tema principal)
  • Lost (2004-2010) (produtor executivo, compositor do tema principal, cocreador, guionista, director)
  • The Office (2005–2011) (director invitado nun episodio)
  • What About Brian (2006–2007) (produtor executivo)
  • Six Degrees (2006–2007) (produtor executivo)
  • Jimmy Kimmel Live! (2006) (director invitado nun episodio)
  • Fringe (2008–presente) (cocreador, guionista, produtor executivo, director invitado nun episodio)
  • Anatomy of Hope (2009) (produtor executivo, guionista, director)
  • Undercovers (2010) (cocreador, produtor executivo, guionista, director)[5]
  • Person of Interest (anunciada)[6]
  • Alcatraz (anunciada)[7]
Remove ads

Premios

Premios BAFTA

Máis información Ano, Categoría ...

Premios Emmy

Máis información Ano, Categoría ...

Premios Razzie

Máis información Ano, Categoría ...

Premios WGA

Máis información Ano, Categoría ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads