Star Trek Into Darkness
filme de 2013 dirixido por J. J. Abrams From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Star Trek Into Darkness é un filme estadounidense de 2013 dirixido por J. J. Abrams. O guión foi escrito por Roberto Orci, Alex Kurtzman e Damon Lindelof.[1] É o décimo segundo título da saga Star Trek e a secuela do filme de 2009 Star Trek, sendo o segundo filme da nova serie cinematográfica. Está protagonizado por Chris Pine, que volve interpretar o Capitán James T. Kirk, xunto con Zachary Quinto, Simon Pegg, Karl Urban, Zoe Saldana, John Cho, Anton Yelchin, Bruce Greenwood e Leonard Nimoy, que tamén volven interpretar os seus papeis do filme anterior. Benedict Cumberbatch, Alice Eve e Peter Weller tamén aparecen acreditados como actores principais do filme. Foi a derradeira vez que Nimoy interpretaría a personaxe de Spock antes da súa morte no ano 2015. O argumento está ambientado no século XXIII, e Kirk e a tripulación da USS Enterprise son enviados ó planeta dos klingon para buscar un terrorista e exmembro da frota estelar, John Harrison.
Remove ads
Personaxes
- Chris Pine como Capitán James T. Kirk
- Zachary Quinto como Spock
- Benedict Cumberbatch como John Harrison / Khan
- Simon Pegg como Montgomery "Scotty" Scott
- Karl Urban como Leonard "Bones" McCoy M.D.
- Zoe Saldana como Tenente Nyota Uhur
- Alice Eve como Tenente Carol Marcus[2]
- John Cho como Tenente Hikaru Sulu
- Peter Weller como Alexander Marcus
- Anton Yelchin como Pavel Chekov
- Bruce Greenwood como Almirante Christopher Pike
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads